O próximo 7 de abril celébrase o día mundial da saúde. O tema deste ano é "A miña saúde o meu direito". Dende o cole propómosvos celebralo facendo unha receita moi saudable e fácil.
NA SEMANA DA PRENSA (ENTRE O 4 E O 8 DE MARZO) REALIZAMOS UNHA ACTIVIDADE EN CONXUNTO CO IES PEDRAS RUBIAS. A ACTIVIDADE CONSISTÍA NUN INTERCAMBIO DE POSTAIS ELABORADAS CON ELEMENTOS DE XORNAL (PALABRAS, DEBUXOS, COLLAGE...). ESTE FOI O RESULTADO.
POSTAIS FEITAS POLO ALUMNADO DO CRA RAÍÑA ARAGONTA
O 2 de abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxectivo desta conmemoración é espertar o interese e o amor polos libros entre os máis novos e promover o bo libro infantil.
Desde a biblioteca do centro seleccionamos algúns dos escritores e ilustradores máis representativos da literatura infantil. E o alumnado da aula de 5 ANOS A, tamén nos deixan unhas recomendacións lectoras para que poidamos celebrar este día tan especial cunha boa lectura.
NESTE SEGUNDO TRIMESTRE, TÓDALAS AULAS DO CRA RAÍÑA ARAGONTA TRABALLARON UN MONTÓN NA CREACIÓN DE ESCENARIOS E PERSONAXES. POSTERIORMENTE, REALIZAREMOS A NOSA PROPIA CURTAMETRAXE DA HISTORIA DE ARA (NOVA PROTAGONISTA DA BIBLIOTECA NESTE CURSO 2023/2024).
O día 8 de marzo conmemórase a loita das mulleres pola igualdade de xénero. Dende a escola temos que dar exemplo para educar en igualdade e promover os dereitos das nenas e das mulleres.
Dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta presentamos unha selección de libros que nos axudarán a educar en igualdade.
O vindeiro 11 de febreiro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, un día moi importante que nos recorda a relevancia do cumprimento da axenda 2030 e dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible. Para visibilizalo, dende a biblioteca do cole Ara proponnos o seguinte reto. Esperemos que vos guste e o desfrutedes, vémonos no laboratorio.
Achégase unha data moi importante para falar do AMOR e non só do amor en parella, senón do amor cara aos amigos, irmáns, avós...
Os contos son unha excelente ferramenta para reflexionar sobre o amor, por iso dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta deixámosvos unhas recomendacións lectoras cheas de tenrura para ler este San Valentín.