Marzo 2023

  • DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

    O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coincidindo coa data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen. O obxectivo desta conmemoración é promocionar os bos libros infantís e xuvenís, e espertar nos nenos/as o interese e o amor polos libros.

     

    Ao alumnado de 5 anos B do CRA Raíña Aragonta encántalle os libros, por iso recoméndanos para ese día unhas lecturas moi especiais.

     

  • CONTOS EN FAMILIA

     O día 20 de Marzo celébrase o Día Mundial da Narración oral e que mellor forma de conmemorala que contando os contos en Familia

     Moitísimas grazas pola vosa participación. Aquí tedes esta pequena recopilación dos vosos contos: 

     

     
    A MELLOR SOPA DO MUNDO 
     
     
    A VIAXE DE PANCHO
     
    OS TRES PORQUIÑOS
     
    UN RICO PASTEL
     
    LA BRUJA BELINDA
  • ESPAZO CREATIVO

    Na biblioteca do CRA Raíña Aragonta creamos un pequeno recuncho creativo, con diversos materiais para que os nenos desenvolvan a súa imaxinación e creatividade.

  • DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E SEMANA DA PRENSA

    Para conmemorar o Día Internacional da Muller (8 de marzo) e a Semana da Prensa (do 6 ao 10 de marzo), dende o CRA Raíña Aragonta estivemos traballando con diferentes artistas femininas que tiveron que publicar as súas obras baixo un pseudónimo masculino ou co nome dunha figura masculina.

    No seguinte vídeo podedes ver o resultado do noso traballo.

  • DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

    Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o alumnado do CRA Raíña Aragonta realizou diferentes traballos artísticos mediante a técnica do colaxe. O recurso motivador destas elaboracións foron dúas obras artísticas da autora Lara Lars, nada en Salceda de Caselas en 1986.

    Lara Lars é arquitecta e ilustradora. Famosa polos seus “collage” nos que se unen feminismo e surrealismo. Elabora estampas retrofuturistas e converte ás mulleres do pasado en mulleres empoderadas, protagonistas da súa propia historia.

     

  • DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

    Se queremos igualar os dereitos de homes e mulleres, é a nosa obriga como docentes educar en igualdade, independentemente de se é un neno ou unha nena.

    Por iso, para celebrar o Día Internacional da Muller, presentamos unha selección de libros que nos axudarán a educar en igualdade.

     

     

Back to top