O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta presentamos diferentes contos que poden axudarnos a educar, concienciar e previr estas condutas. Son historias divertidas cheas de mensaxes que invitan a reflexionar sobre este tema.
É fundamental educar aos nenos e nenas en igualdade se queremos previr e acabar coa violencia de xénero.
"O SAMAÍN" é unha data clave para aproveitar que os máis pequenos se inicien no mundo da lectura.
Dende a biblioteca deixámosvos unhas recomendacións lectoras para que estes días gocedes das mellores historias de bruxas, pantasmas, ogros e monstros, e o pasedes en grande cos vosos alumnos e alumnas.
Xa queda moi pouco para rematar o curso e dende a biblioteca queremos recomendarvos unhas lecturas moi especiais, para que a vosa imaxinación voe e soñe durante todo este verán.
Boas vacacións!!!
E ademais, o alumnado da clase de 5 anos B elaboraron un vídeo onde vos deixan unhas recomendacións para este verán.
Os libros son unha ferramenta didáctica imprescindible para desenvolver a empatía nos nenos e nenas. Teñen o poder de abrir a mente e tocar o corazón dos nenos, ao tempo que os educan en valores para evitar o acoso escolar. Os libros presentan tramas e personaxes cos que te podes identificar, aprender a recoñecer diferentes tipos de acoso e saber loitar contra estas situacións.
A continuación deixámosvos algunhas das nosas recomendacións de lectura.
O 2 de abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxectivo desta conmemoración é espertar o interese e o amor polos libros entre os máis novos e promover o bo libro infantil.
Desde a biblioteca do centro seleccionamos algúns dos escritores e ilustradores máis representativos da literatura infantil. E o alumnado da aula de 5 ANOS A, tamén nos deixan unhas recomendacións lectoras para que poidamos celebrar este día tan especial cunha boa lectura.
O día 8 de marzo conmemórase a loita das mulleres pola igualdade de xénero. Dende a escola temos que dar exemplo para educar en igualdade e promover os dereitos das nenas e das mulleres.
Dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta presentamos unha selección de libros que nos axudarán a educar en igualdade.
Achégase unha data moi importante para falar do AMOR e non só do amor en parella, senón do amor cara aos amigos, irmáns, avós...
Os contos son unha excelente ferramenta para reflexionar sobre o amor, por iso dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta deixámosvos unhas recomendacións lectoras cheas de tenrura para ler este San Valentín.
O martes 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este día lémbranos que todos temos que garantir unha educación que favoreza a boa convivencia en todos os ámbitos da nosa vida. Para conseguilo, é necesario que, tanto dende o centro como dende a familia, se inculquen aos máis pequenos valores que fomenten e promovan actitudes baseadas na tolerancia, o respecto, o amor e a solidariedade. Só así faremos do mundo un lugar mellor no que todas as persoas teñan os mesmos dereitos e oportunidades.
Por iso, hoxe traémosvos unha entrada na que recomendamos unha serie de contos que cumpren isto. A literatura infantil converteuse nunha ferramenta educativa que invita á reflexión e permite que o alumnado coñeza outras realidades e interiorice estes importantes valores.
O Nadal é un tempo máxico, cheo de emocións, recordos, encontros coa familia e os amigos. É hora de compartir e pasar tempo xuntos.
Por iso, dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta, queremos deixarvos unhas recomendacións lectoras que vos axuden a atopar o agasallo perfecto para este Nadal e tamén gozar de grandes momentos de lectura en familia.