Recomendacións lectoras

SELECCIÓN DE LIBROS PARA O NADAL

 Xa queda moi pouco para que chegue o Nadal, esa data máxica e inesquecible para os máis pequenos da casa.

Dende a biblioteca deixámosvos unha selección de libros, relacionados coa temática do Nadal, para compartir e ler co voso alumnado.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

O 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Dende o noso centro seleccionamos diversos libros que poden axudarnos a educar, concienciar e previr a violencia de xénero.

Son historias divertidas e cheas de mensaxes que invitan a reflexionar sobre o tema.

 


RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O SAMAÍN

Xa chegou o Samaín!

Esta é unha data perfecta para ler aos nosos alumnos e alumnas libros con toques de misterio, con elementos fantásticos e criaturas escuras como vampiros, bruxas ou monstros.

No seguinte vídeo deixámosvos algunhas das nosas propostas.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE VERÁN

 

Nuns días rematamos  o curso e comezan as vacacións, por iso o noso amigo Caselín quere recomendarnos uns libros para este verán.

E non esquezades que para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro.

 

 

Ademáis o alumnado de 5 anos C tamén elaboraron este vídeo cunhas recomendacións lectoras para este verán.

Disfrutade moitísimo destas merecidísimas vacacións Sorriso

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR 

 

Os contos son un excelente recurso para abordar o tema do acoso escolar dende moi pequenos, xa que a través das historias dos seus personaxes, os máis pequenos aprenderán a identificalo, a empatizar cos protagonistas e a saber como deben actuar.

 

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

Para festexar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, os nenos e nenas do CRA Raíña Aragonta (5 anos B) elaboraron un vídeo onde nos propoñen unha serie de recomendacións lectoras.

Esperamos que vos gusten.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

No Día Internacional da Muller conmemórase a loita de innumerables mulleres e nenas pola súa participación e desenvolvemento na sociedade, en igualdade de condicións que os homes.

 

 Para engadir o noso gran de area a esta conmemoración recomendámosvos unhas lecturas que nos axudan a educar na equidade.

 

DÍA DE SAN VALENTÍN (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

Con motivo do Día de San Valentín, que se celebra cada 14 de febreiro, recompilamos algúns contos para educar en valores como o amor, o respecto e a amizade.

Espero que vos gusten.

 

 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA (RECOMENDACIÓNS LECTORAS)

Como cada ano, o 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar da Paz e a Non violencia.

É unha ocasión ideal para transmitir aos nenos/as valores de convivencia, respecto e tolerancia a través de contos sobre a paz.

 

Estes son unha marabillosa ferramenta para falar de paz a través de historias e personaxes nos que se poidan sentir identificados os nenos e as nenas de todas as idades .

 

 

READING IN ENGLISH

CHRISTMAS IS HERE. WE HAVE TIME TO DO MANY THINGS SUCH AS READING. IN THE LIBRARY YOU CAN FIND THE BOOK COOKIE LOVES.

 

 

Distribuir contido