O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende a biblioteca do centro queremos sumarnos a esta celebración deixándovos unhas recomendacións lectoras para estes días, que vos axudarán a traballar a igualdade de xénero e o respecto dende a infancia.
Recomendacións lectoras |
|
|||
As historias de medo e de terror son ás veces fonte de diversión para os máis pequenos, por iso, dende a biblioteca fixemos unha gran selección de contos terroríficos para ler ao noso alumnado nestas datas tan especiais. Animádevos e desfrutade destas lecturas.
|
|||
Este verán mergúllate en novos mundos a través das nosas recomendacións lectoras.
Agardamos que vos gusten e que leades moito durante as vacacións.
Ademais o alumnado de 5 anos C tamén elaboraron este vídeo cunhas recomendacións lectoras para este verán.
Desfrutade moito das vacacións!!!
|
|||
A literatura infantil é un excelente recurso para loitar contra o acoso escolar, xa que a través da lectura, os nenos e nenas aprenden a identificar situacións de bullying e violencia en diferentes ámbitos, e facilitan o desenvolvemento da empatía. Por iso, dende a biblioteca escolar recomendamos unha serie de libros que nos axudarán a previr este fenómeno dende o ámbito escolar e familiar.
|
|||
A chegada da primavera é sempre sinónimo de cor, alegría e comezo do bo tempo, por iso é unha das estacións preferidas dos máis pequenos. Dende a biblioteca deixámosvos unha selección de libros para dar a benvida a esta estación.
|
|||
O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coincidindo coa data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen. O obxectivo desta conmemoración é promocionar os bos libros infantís e xuvenís, e espertar nos nenos/as o interese e o amor polos libros.
Ao alumnado de 5 anos B do CRA Raíña Aragonta encántalle os libros, por iso recoméndanos para ese día unhas lecturas moi especiais.
|
|||
Se queremos igualar os dereitos de homes e mulleres, é a nosa obriga como docentes educar en igualdade, independentemente de se é un neno ou unha nena. Por iso, para celebrar o Día Internacional da Muller, presentamos unha selección de libros que nos axudarán a educar en igualdade.
|
|||
Cada 14 de febreiro celébrase SAN VALENTÍN, é o día do amor e da amizade. Con motivo desta celebración recompilamos diversas contos para educar no amor e na amizade.
|
|||
Como cada ano, o 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Unha das formas máis sinxelas de explicar aos máis pequenos todo o relacionado coa paz e o respecto é a través dos libros de literatura infantil. Por iso, deixámosvos unha selección de libros infantís que temos á vosa disposición na nosa biblioteca. Agardamos que vos sexan útiles.
|
|||
Non vos esquezades de agasallar contos este Nadal, porque quen regala libros festexa o amor, a ilusión, a fantasía, a maxia e a felicidade. Bo Nadal!!!
A continuación, os peques de 5 anos A, propóñenvos unhas ideas para agasallar estas festas
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »