Radio escolar

RADIO NA BIBLIO

TEMOS UNHA GRAN NOTICIA!

ESTE CURSO ESTAMOS ADMITIDOS NO

 

PROGRAMA "RADIO NA BIBLIO"

 

AQUÍ DEIXAMOS O NOVO LOGO DA NOSA RADIO!

 

 

ADIVIÑA 3

AS NENAS E OS NENOS DO BARREIRO VOS CONVIDAN A ADIVIÑAR DE QUÉ ANDAN A FALAR. ESTA VEZ, PROCURAMOS UN LUGAR, UN LUGAR AO QUE TODAS E

TODOS ESTADES INVITADOS. POÑEDE MOITA ATENCIÓN E, XA SABEDES, DEIXADE AS VOSAS RESPOSTAS NO TABOLEIRO DA AULA.

 

 

SOLUCIÓN Á ADIVIÑA 2

 

XA CHEGA A RESPOSTA A NOSA SEGUNDA ADIVIÑA! MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR FAMILIAS!

 

A NOSA GAÑADORA FOI... PILI, A NAI DE MARIO E VALENTÍN QUE LEVAN O NOSO AGASALLO PARA CASA.

 

 

 PRONTO UNHA NOVA ADIVIÑA ESTARÁ DISPOÑIBLE, NON VOLA PERDADES!

 

ADIVIÑA 2

 

SEGUIMOS CO NOSO XOGO E VOS TRAEMOS UNHA NOVA ADIVIÑA, SERÁS QUÉN DE DESCUBRIR DE QUÉ ESTAMOS A FALAR?

SE CRES QUE SABES A RESPOSTA DEIXA UNHA NOTA CO TEU NOME NO TABOLEIRO DE CORTIZA DA ESCOLA. ENTRE OS ACERTANTES SORTEAREMOS UN NOVO IMÁN!

 

 

RESPOSTA ADIVIÑA 1

GRACIÑAS POR PARTICIPAR NO NOSO XOGO! VELAQUÍ UN NOVO PROGRAMA, NESTE CASO, PARA SOLUCIONAR A NOSA ADIVIÑA E FACER O SORTEO DO NOSO PREMIO.

 

Radio AraOnda · SOLUCIÓN Á ADIVIÑA 1

A NOSA GAÑADORA FOI MARÍA, NAI DE MÍA QUE RECIBÍU DOS E DAS PEQUES UN SUPER AGASALLO.
 
 
AOS DEMAIS... NON VOS PREOCUPEDES, HAI MOITOS PREMIOS POR REPARTIR! SEGUIDE PARTICIPANDO!

RADIO ARAONDA: XOGAMOS ÁS ADIVIÑAS

A radio do CRA volve a estar en marcha.

Os peques e as peques de Barreiro propoñen unha nova aventura, un xogo de adiviñas no que, a través das súas pistas, deberedes descubrir de qué están a falar. Polo momento, podedes deixar a vosa resposta no taboleiro de cortiza que está no patio da nosa escola.

Animádevos a participar!

 

 

OS DEBUXOS DE ARA: publicidade na radio

Despois de moito traballo ao longo de todo o curso coñecendo as características dos debuxos animados, descubrindo cómo se fan e converténdonos en creadores, chega o momento do gran estreno. O venres 31 de maio estréase no auditorio de Salceda a película creada polos nenos e nenas do CRA. Para que ninguén esqueza a data, creamos unhas cuñas publicitarias. Queredes escoitalas? Velaquí están!

Ao final da publicación podedes descargalas.

 

 

INAUGURACIÓN DA RADIO E DÍA DE ROSALÍA

Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro o 23 de febreiro, o equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizaron unha actividade para que o alumnado puidera coñecer o novo espazo da Radio AraOnda, ter unha primeira toma de contacto cos micrófonos, os cascos, os altofalantes...ademáis graváronse recitando o poema "Adios ríos, adios fontes" da poetisa galega. Unha actividade que desfrutaron moitísimo, como podedes comprobar pinchando na seguinte imaxe.

 

 

Capítulo 2. O podcast continúa

Presentámosvos unha nova entrega do noso podcast. Co tempo de nadal chega o "Capítulo 2: Papá Noel, os Reis Magos e o telescopio para vixiar aos nenos bos" unha reflexión sobre os misterios do Nadal, as súas personaxes e o seu sistema para decidir quen leva agasallos e quen non. Desfrutádeo!

 

PODCAST: "Pasen e escoiten"

As conversas de aula son algo dinámico, divertido, no que se abordan temas diversos e no que cada quen aporta o que lle apetece respecto do que se estaba a falar ou comeza unha nova cuestión. Son momentos de aprendizaxe porque expresamos o que nos ocorre, o que pensamos, o que sentimos; porque temos que aprender a escoitar e a respectar a quenda de quen fala; porque podemos aprender sobre o foco de conversación ou porque podemos xerar ganas de aprender. 

En moitas ocasións, esas conversas son tan ricas que tivemos unha idea, empregar as posibilidades que nos ofrece a radio gravándoas e compartíndoas.

Así xurde este pequeno proxecto: unha serie de podcasts no que escoitaredes a un grupo de nenos e as nenas conversar sobre temas moi diversos. 

O propósito do mesmo: expresarnos, falar, gravarnos, escoitarnos, descubrir cómo se nos oe e cómo podemos facer para que se nos entenda mellor, presentar aos demais as nosas dúbidas e abrir ás portas da aula a quen nos quera axudar a comprender aquilo que non sabemos.

Velaquí está o noso primeiro capítulo no que reflexionamos sobre a cuestión: de onde veñen os nenos? 

Desfrutádeo!

 

 

Se vos apetece colaborar con nós podedes dirixirvos ao correo: anabelenperezmartinez@edu.xunta.es
 
Permanecede atentos!
Distribuir contido

Back to top