Responder ó comentario
PODCAST: "Pasen e escoiten"
Posted Novembro 24th, 2023 by profe20As conversas de aula son algo dinámico, divertido, no que se abordan temas diversos e no que cada quen aporta o que lle apetece respecto do que se estaba a falar ou comeza unha nova cuestión. Son momentos de aprendizaxe porque expresamos o que nos ocorre, o que pensamos, o que sentimos; porque temos que aprender a escoitar e a respectar a quenda de quen fala; porque podemos aprender sobre o foco de conversación ou porque podemos xerar ganas de aprender.
En moitas ocasións, esas conversas son tan ricas que tivemos unha idea, empregar as posibilidades que nos ofrece a radio gravándoas e compartíndoas.
Así xurde este pequeno proxecto: unha serie de podcasts no que escoitaredes a un grupo de nenos e as nenas conversar sobre temas moi diversos.
O propósito do mesmo: expresarnos, falar, gravarnos, escoitarnos, descubrir cómo se nos oe e cómo podemos facer para que se nos entenda mellor, presentar aos demais as nosas dúbidas e abrir ás portas da aula a quen nos quera axudar a comprender aquilo que non sabemos.
Velaquí está o noso primeiro capítulo no que reflexionamos sobre a cuestión: de onde veñen os nenos?
Desfrutádeo!
- %count lecturas