blog da biblioteca

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

 Como cada ano, o 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Unha das formas máis sinxelas de explicar aos máis pequenos todo o relacionado coa paz e o respecto é a través dos libros de literatura infantil.

Por iso, deixámosvos unha selección de libros infantís que temos á vosa disposición na nosa biblioteca.

Agardamos que vos sexan útiles.

 

"CREANDO SÍMBOLOS DE PAZ" (DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ)

 

O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e, para celebralo, a nosa mascota Caselín vainos amosar diferentes imaxes e símbolos, que ao longo da historia, representaron e representan a paz. 

 

  Agora tócalle ao noso alumnado deseñar un símbolo de paz.

No seguinte vídeo podedes gozar das súas creacións.

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

 Para conmemorar o  Día internacional da Educación (24 de Xaneiro) amosámosvos o conto "A horta de Simón" no que están presentes o traballo en equipo, o esforzo, a convivencia en harmonía e o contacto coa natureza.

 

 

PRÉSTAMO DE ADULTOS

 Educar aos nenos e nenas é un reto marabilloso, pero non está exento de dificultades. Aquí tedes unha selección de libros que vos axudarán a resolver problemas cotiáns na educación dos vosos fillos, con ideas sobre ás últimas correntes educativas e reflexións para seguir aprendendo ao longo deste apaixonante camiño. 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A RESERVA DOS LIBROS

Destinatarios:pais/nais do alumnado do CRA Raiña Aragonta.

Solicitude:mediante correo electrónico á seguinte ligazón bibliotecaaragonta@gmail.com indicando nome e apelidos, libro que desexa reservar e día que prefiren recoller o libro (martes ou xoves). Ademais deben informar o nome do seu fillo/a e a aula no que están matriculados.

Confirmación: unha vez realizada a solicitude, recibirán un correo electrónico informándolles o día exacto que comeza o préstamo.

Duración: o préstamo será de tres semanas (21 días).

Recollida e devolución: na biblioteca do CRA Raiña Aragonta.

Horario: os martes de 16:00 a 17:00 e os xoves de 17:00 a 17:30.

 

Deterioración ou perda de material: as familias serán as responsables dos danos ou perdas que poidan sufrir os materiais mentres dure o préstamo.

 

NOVOS FONDOS PARA A BIBLIOTECA

MIRADE CANTOS CONTOS ACABAN DE CHEGAR Á NOSA  BIBLIOTECA!

 

ESCOLA CON SUPERPODERES

CANDO RECIBIMOS A PROPOSTA DE ACTIVIDADE DA FUNDACIÓN "LA NINETA DELS ULLS" TIVÉMOLO CLARO. O NOSO CENTRO ESTÁ CHEO DE SUPER HEROES E SUPER HEROINAS CAPACES DE FACER COUSAS INCRIBLES E AMOSALO A TODO O MUNDO... PARECEUNOS UNHA IDEA XENIAL.

CADA UNHA DAS 14 AULAS CREOU UNHA PEQUENA COMPOSICIÓN CON TEA E MOITA CREATIVIDADE. CADA PEZA DIFERENTE DAS DEMAIS, COMO CADA UN DOS NOSOS ALUMNOS E DAS NOSAS ALUMNAS, COMO CADA UN DE NÓS, E TODAS XUNTAS FACENDO UN TODO REALMENTE COLORIDO E FERMOSO.

ASÍ É COMO NOS GUSTA QUE SEXA A SOCIEDADE, QUE TODOS TEÑAMOS OCO E QUE A INVESTIGACIÓN DE ENFERMIDADES COMO O RETINOBLASTOMA E O APOIO A QUEN O PADECE E AS SÚAS FAMILIAS TAMÉN O TEÑA.

VELAQUÍ A NOSA CAPA, SIMPLEMENTE ESPECTACULAR!

 

 

XOGANDO NA NOSA BIBLIOTECA

Así de ben pasámolo na biblioteca.

Xogamos, construímos, cooperamos, lemos contos, xogamos coa

mesa de luz e divertímonos moitísimo.

 

QUE É ARTE?

Preguntástesvos algunha vez que é iso da arte.

Pablo Picasso dixo que é eliminar o innecesario, Andy Warhol expresou que a arte é o que deixamos saír, para Marc Chagall era un estado da alma e Aristóteles afirmou que o obxectivo da arte non é representar a aparencia externa das cousas, senón o seu significado interior.

 

A verdade é que todos podemos ter a nosa propia definición ou concepto de arte. Para os nenos e nenas do CRA Raíña Aragonta, a arte é…

 

 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O NADAL

Non vos esquezades de agasallar contos este Nadal, porque quen regala libros festexa o amor, a ilusión, a fantasía, a maxia e a felicidade.

Bo Nadal!!!

 

  

 

A continuación, os peques de 5 anos A, propóñenvos unhas ideas para agasallar estas festas

 

SELECCIÓN DE LIBROS PARA O NADAL

 Xa queda moi pouco para que chegue o Nadal, esa data máxica e inesquecible para os máis pequenos da casa.

Dende a biblioteca deixámosvos unha selección de libros, relacionados coa temática do Nadal, para compartir e ler co voso alumnado.

Distribuir contido