Esta é unha data perfecta para ler aos nosos alumnos e alumnas libros con toques de misterio, con elementos fantásticos e criaturas escuras como vampiros, bruxas ou monstros.
No seguinte vídeo deixámosvos algunhas das nosas propostas.
Na seguinte imaxe mostrámosvos todos os fondos documentais que se adquiriron dende a biblioteca para realizar o PDI do centro.
Todos estes exemplares están á vosa disposición e esperamos que vos sexan de axuda no desenvolvemento do voso proxecto e na preparación das tarefas integradas.
Estes días os nenos e as nenas do CRA Raíña Aragonta estiveron moi ocupados axudando á nosa mascota Caselín a atopar o seu libro preferido.
No seguinte vídeo podedes ver todos os retos que tiveron que superar os nosos alumnos e alumnas para poder obter as pistas necesarias para atopar o conto perdido.
A continuación a nosa mascota Caselín preséntanos unha historia coa que comezamos o noso Proxecto Documental Integrado "ARTELÍN".
Para conmemorar o día das escritoras escollemos o conto "Monstro de cores" da autora Anna Llenas. É un conto que nos axuda a identificar e xestionar as nosas emocións, polo que cremos que é unha boa proposta de lectura para o noso alumnado. Que o disfrutedes!
To commemorate Women Writers Day we have chosen the book "The Colour Monster" written by Anna Llenas. It is a story that helps us identify and manage our emotions which we consider suitable for our students age range. Enjoy ! You can watch the English version clicking on the link below. (https://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/node/3182)
Despois dun mes de duro traballo (montar, organizar, reestruturar, catalogar...), por fin temos preparadas as bibliotecas das aulas de parroquias.
O noso alumnado xa dispón dun novo espazo no que poden desfrutar da lectura, e ademais, cada mes chegarán á aula novos materiais e libros procedentes da biblioteca central.
A continuación mostrámosvos como quedaron decoradas e estruturadas as bibliotecas de aula.