Febreiro 2023
-
SOÑANDO CON NOVAS AVENTURAS
Posted Febreiro 28th, 2023 by profe1A biblioteca de aula é un lugar de encontro, un recuncho literario que tamén educa na responsabilidade de coidar e manter os recursos dispoñibles. Ademais, favorece o desenvolvemento das habilidades comunicativas, esperta no alumnado o interese pola aprendizaxe, facilita a igualdade de oportunidades e favorece as situacións de aprendizaxe.
Neste curso, o alumnado das parroquias, están a gozar ao máximo destes novos espazos e de todos os recursos que cada mes chegan dende a biblioteca central. Encántalles pasar o seu tempo libre ollando contos e compartindo experiencias literarias cos seus compañeiros e compañeiras.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
MES DE FEBREIRO, MES DA NENA E DA MULLER NA CIENCIA
Posted Febreiro 22nd, 2023 by profe20FEDELLA E FERVELLA ESTÁN DE VOLTA!
CHEGOU O MES DE FEBREIRO E CON EL UNHA CONMEMORACIÓN MOI ESPECIAL: O MES DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA. PARA FESTEXALO, FEDELLA, FERVELLA E AS SÚAS AMIGAS ESTÁN DE VOLTA CON NOVOS EXPERIMENTOS! VOS ANIMADES A FACELOS? E QUE... FEBREIRO TAMÉN É TEMPO DE ENTROIDO E O DISFRAZ DE CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS VOS QUEDARÁ XENIAL! AQUÍ TEDES O SEU VÍDEO.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA SAN VALENTÍN
Posted Febreiro 13th, 2023 by profe1Cada 14 de febreiro celébrase SAN VALENTÍN, é o día do amor e da amizade.
Con motivo desta celebración recompilamos diversas contos para educar no amor e na amizade.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
HORA DE LER
Posted Febreiro 13th, 2023 by profe1No mes de febreiro elaboramos un novo itinerario lector para a “Hora de ler”. Nel incluímos os últimos fondos bibliográficos adquiridos na biblioteca.
Agardamos que o noso alumnado goce destas novas lecturas.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas