Neste curso 2024/2025 chega unha nova iniciativa ao CRA Raíña Aragonta:
TIRA DO CORDEL.
O seu lema é “Abre a porta, colle un libro e deixa outro”.
Este espazo está deseñado para fomentar o amor pola lectura e
promover o intercambio de coñecementos entre toda a comunidade escolar,
contribuíndo así ao cumprimento das liñas prioritarias establecidas para este
curso escolar.
Neste curso presentamos a nova casiña de libros
na sede do CRA e na aula de San Xurxo,
co obxectivo de ampliar as casiñas ao resto das aulas.
Animámosvos a facer un uso responsable deste recurso,
contribuíndo ao seu coidado e respectando os libros para que
todas e todos poidamos gozar deles.
Grazas por ser parte desta iniciativa
e por fortalecer a nosa comunidade a través da lectura!
NA SEDE
NA AULA DE SAN XURXO
Enviar un comentario novo