OLA PEQUES!!!! ESTA SEMANA PROPÓÑOVOS UNHA ACTIVIDADE DE MINDFULNESS. GRAZAS A ESTAS PEQUENAS TÉCNICAS PODEMOS AXUDAR AOS NENOS E NENAS A APRENDER E FORTALECER AS SÚAS HABILIDADES E DESTREZAS CO TEMPO. AO PRACTICAR A ATENCIÓN, OS NENOS E NENAS APRENDERÁN A SER MÁIS CONSCIENTES DOS SEUS PROPIOS SENTIMENTOS, SENSACIÓNS, PENSAMENTOS E DO ENTORNO QUE OS RODEA.
NESTE CASO TRABALLAREMOS A ATENCIÓN COA TÉCNICA DO 5-4-3-2-1
DEBEDES PINCHAR EN CADA NÚMERO, COMEZANDO POLO 5 E AO REMATAR DE ENUMERAR TODOS OS ELEMENTOS ESTARÁN MÁIS TRANQUILOS E ATENTOS.