A nosa biblioteca

FORMACIÓN USUARIOS DA MAN DE ARA

Dende o Equipo de Biblioteca e da man de Ara deixámosvos este video explicativo sobre a nosa biblioteca. Lembrade que o martes 29 de outubro abriremos as portas e tanto Ara coma nós estamos desexando volver a vervos. 

Esperamos que o disfrutedes!

 

 

TRÍPTICO para as FAMILIAS

ATENCIÓN FAMILIAS!

A partir do martes 29 de outubro

a nosa biblioteca estará aberta e comezaremos cos

préstamos para as familias.

 

Deixamos trípticos con diversa información a ter en conta.

 

MARTES 16:00 - 17:00 HORAS.

XOVES 16:45-17:45 HORAS.

 

 

 

 

FORMACIÓN DE USUARIOS MESTRES/AS

O MARTES 17 DE SETEMBRO DE 2024 TIVO LUGAR A

FORMACIÓN DE USUARIOS PARA MESTRAS E MESTRES

DO CRA RAÍÑA ARAGONTA.

VELAQUÍ UNHAS FOTOS DO DÍA.

 

CAIXAS E BAÚIS PARA AS AULAS

NESTE CURSO CONTINUAMOS CO SERVIZO DE BAÚIS NAS AULAS DE PARROQUIAS (NOS QUE SE INCLÚE DIVERSOS CONTOS, XOGOS, MATERIAIS SENSORIAS, ENTRE OUTROS) E QUE IRÁN ROTANDO POLAS DIFERENTES AULAS DE PARROQUIAS DURANTE TODO O ANO.

E COMO NOVIDADE, NAS AULAS DA SEDE, COMEZAMOS CO SERVIZO DE CAIXAS (QUE CONTEÑEN DIFERENTES LIBROS) E TAMÉN ROTARÁN POLAS DISTINTAS AULAS.

ESPERAMOS QUE SEXAN DE UTILIDADE AMBOS RECURSOS E GOZADES MOITO DELES!

UNHA VIAXE POLA CIENCIA

ARA E O EQUIPO DE BIBLIOTECA XA ESTAMOS TRABALLANDO MOITO PARA PREPARAR UN NOVO PROXECTO DE TRABALLO.

ESTE CURSO ESCOLAR 2024/2025 ADENTRARÉMONOS NO MUNDO DA CIENCIA E O TÍTULO DA NOSA PROPOSTA É

"UNHA VIAXE POLA CIENCIA"

BENVID@ AO NOVO CURSO ESCOLAR

XA ESTAMOS DE VOLTA!

ARA E O EQUIPO DE BIBLIOTECA DÁMOSVOS A BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR 2024/2025!

SAÍDA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE SALCEDA DE CASELAS

NO MES DE MAIO TIVEMOS UNHA SAÍDA PARA VISITAR Á BIBLIOTECA PÚBLICA DO NOSO CONCELLO. TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CUNHA VISITA GUIADA POLAS INSTALACIÓNS E DUN CONTACONTOS.

 

GRAZAS AO CONCELLO POR TRABALLAR CON NÓS E ESPERAMOS PODER SEGUIR ORGANIZANDO MÁIS ACTIVIDADES EN CONXUNTO.

 

ESPERAMOS QUE O ALUMNADO E O PROFESORADO DISFRUTARA MOITO DA SAÍDA.

 

NOVA SINALIZACIÓN PICTOGRAMAS

AQUÍ PODEDES VER O NOVO MÉTODO DE SINALIZACIÓN DOS DIFERENTES PICTOGRAMAS QUE HAI NA BIBLIOTECA. 

 

 

ROTEIRO LITERARIO 2024

O día 23 de Abril conmemórase o Día do Libro, para tal ocasión a ANPA As Landras organizou un roteiro literario baseado nos debuxos do Xabarín CRA. Foron dúas xornadas que o alumnado disfrutou moitísimo, atopando no camiño diferentes personaxes de debuxos e axudándoos nas probas que nos tiñan preparadas.

 Grazas as nais e pais da ANPA que fixeron posible esta actividade tan divertida.

 Neste vídeo tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos

 O Equipo da Biblioteca Escolar

 

HORA DE LER

NESTE MES DE MARZO, O EQUIPO DE BIBLIOTECA REALIZA TODOS OS CAMBIOS DA HORA DE LER,

XA QUE HOUBO ROTACIÓNS POR TÓDALAS AULAS.

TRABALLAMOS PARA DEIXAR TODO LISTO E INCLUIR NOVOS CONTOS EN CADA UNHA 

PARA Á VOLTA DAS VACACIÓNS SEGUIR CO SEU FUNCIONAMENTO.

GRAZAS A TODAS/OS.

 

Distribuir contido