Abril 2024
-
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)
Posted Abril 24th, 2024 by profe1Os libros son unha ferramenta didáctica imprescindible para desenvolver a empatía nos nenos e nenas. Teñen o poder de abrir a mente e tocar o corazón dos nenos, ao tempo que os educan en valores para evitar o acoso escolar. Os libros presentan tramas e personaxes cos que te podes identificar, aprender a recoñecer diferentes tipos de acoso e saber loitar contra estas situacións.
A continuación deixámosvos algunhas das nosas recomendacións de lectura.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
DÍA DA LITERATURA INFANTIL
Posted Abril 16th, 2024 by profe11Para conmemorar o día da literatura infantil escollemos o conto "Non é unha caixa" de Antoinette Portis, no que o protagonista descubriranos como unha caixa pode chegar a ser todo o que permita a nosa imaxinación.
Esperamos que vos guste
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
Día da saúde - 7 de abril
Posted Abril 2nd, 2024 by provisional17 de abril - Día da saúde
O próximo 7 de abril celébrase o día mundial da saúde. O tema deste ano é "A miña saúde o meu direito". Dende o cole propómosvos celebralo facendo unha receita moi saudable e fácil.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas