Club de lectura

DÍA DAS BIBLOITECAS

Para celebrar o Día das Bibliotecas fixéronse distintas actividades como a lectura de Cocorico por parte de alumnas de 1º da ESO ao alumnado de Educación Infantil e o alumnado de 5 anos tamén  visitou a nosa biblioteca para escoitar un conto lido pola súa profesora. Gustoulles moito!
 
Asemade, organizouse un concurso de Knolling literario e fixemos entrega dos máis que merecidos premios. O xurado non o tivo nada fácil pola gran calidade das propostas presentadas. Noraboa ás gañadoras e gañadores e moitas grazas a todo o alumnado pola súa participación.

ENCONTRO COS USUARIOS DO CENTRO RESIDENCIAL "O CASTRO" DE CASTROVERDE

 

O alumnado de 2° ESO participou neste encontro ,celebrado na biblioteca do centro, recitando poemas de Rosalía de Castro ou María Victoria Moreno; lendo contos e lendas populares; cantando cantigas tradicionais galegas  como "A saia da Carolina" e ata bailaron.

O acto rematou no comedor escolar onde tomamos chocolate,biscoito e galletas.

Seguiremos realizando estas actividades; é moi gratificante ver aos nosos anciáns e anciás sorrindo e desfrutando.

LETRAS GALEGAS FEMININAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas  fixemos unha tertulia literaria titulada : "Letras Galegas Femininas". Os textos ,na súa maioría poéticos,  pertencían ás seis autoras ás que se lles leva adicado esta festividade .Asistiu o alumnado de 3° e 4° ESO que comentaron os textos ,deron a súa visión sobre o contido deles , reflexionando e relacionándoo con situacións moi actuais.

INTERCAMBIO CO CPI DR. LÓPEZ SUÁREZ

 

 

Intercambio do Club de Lectura do CPIP de Castroverde e o CPI Dr. López Suárez de Friol,para comentar a obra "Donas de nós " de Ánxela Gracián.

No encontro,celebrado na biblioteca do centro, contamos coa presenza da autora que nos explicou cando escribiu a obra,o significado e o motivo do nome dos protagonistas,o obxectivo da obra...

O alumnado preguntou e deu opinións sobre o contido do libro e un grupo realizou unha lectura dramatizada das escenas finais da obra.

Despois percorremos un curto traxecto do Camiño Primitivo,o que vai desde Vilar de Cas ata A Pallota.

Visitamos o cemiterio de Soutomerille e fixemos unha parada na igrexa do mesmo nome.

Rematada a andaina, paramos para repoñer forzas cun xantar campestre na Pallota.

O encontro rematou coa lectura de dous poemas da obra "Paisaxes de pan" por parte da autora,Ánxela Gracián,que nos acompañou durante toda a actividade.

CLUBE DE LECTURA DE PERSOAS ADULTAS

Club de lectura de persoas adultas. Reunión sobre o libro de Xurxo Mariño  "Unha mente que voa: unha mirada a evolución da linguaxe"

Distribuir contenido