Club de lectura
TERTULIA DIALÓXICA "MICROMACHISMOS" DE LUIS BONINO MÉNDEZ
Este curso, a tertulia dialóxica conmemorativa do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, realizarémola sobre o texto "Micromachismos" de Luis Bonino Méndez. Veremos unha pequena entrevista co autor e leremos un resumo do seu texto traducido ao galego pola profesora de Xeografía e Historia. O alumnado de 1º e 2º da ESO lerá só as partes subliñadas e o de 3º e 4º o resumo completo. Posteriormente realizaremos unha tertulia en cada grupo sobre o contido do texto. Para atender á divesidade do noso alumnado, tamén faremos actividades máis manipulativas traballando conceptos sinxelos con memes.
Xa comezamos nalgunhas clases cos preparativos para a tertulia.
Achego o texto completo, resumo subliñado e actividades.
DÍA DAS BIBLOITECAS
Para celebrar o Día das Bibliotecas fixéronse distintas actividades como a lectura de Cocorico por parte de alumnas de 1º da ESO ao alumnado de Educación Infantil e o alumnado de 5 anos tamén visitou a nosa biblioteca para escoitar un conto lido pola súa profesora. Gustoulles moito!
Asemade, organizouse un concurso de Knolling literario e fixemos entrega dos máis que merecidos premios. O xurado non o tivo nada fácil pola gran calidade das propostas presentadas. Noraboa ás gañadoras e gañadores e moitas grazas a todo o alumnado pola súa participación.
ENCONTRO COS USUARIOS DO CENTRO RESIDENCIAL "O CASTRO" DE CASTROVERDE
O alumnado de 2° ESO participou neste encontro ,celebrado na biblioteca do centro, recitando poemas de Rosalía de Castro ou María Victoria Moreno; lendo contos e lendas populares; cantando cantigas tradicionais galegas como "A saia da Carolina" e ata bailaron.
O acto rematou no comedor escolar onde tomamos chocolate,biscoito e galletas.
Seguiremos realizando estas actividades; é moi gratificante ver aos nosos anciáns e anciás sorrindo e desfrutando.
LETRAS GALEGAS FEMININAS
Para celebrar o Día das Letras Galegas fixemos unha tertulia literaria titulada : "Letras Galegas Femininas". Os textos ,na súa maioría poéticos, pertencían ás seis autoras ás que se lles leva adicado esta festividade .Asistiu o alumnado de 3° e 4° ESO que comentaron os textos ,deron a súa visión sobre o contido deles , reflexionando e relacionándoo con situacións moi actuais.
INTERCAMBIO CO CPI DR. LÓPEZ SUÁREZ
Intercambio do Club de Lectura do CPIP de Castroverde e o CPI Dr. López Suárez de Friol,para comentar a obra "Donas de nós " de Ánxela Gracián.
No encontro,celebrado na biblioteca do centro, contamos coa presenza da autora que nos explicou cando escribiu a obra,o significado e o motivo do nome dos protagonistas,o obxectivo da obra...
O alumnado preguntou e deu opinións sobre o contido do libro e un grupo realizou unha lectura dramatizada das escenas finais da obra.
Despois percorremos un curto traxecto do Camiño Primitivo,o que vai desde Vilar de Cas ata A Pallota.
Visitamos o cemiterio de Soutomerille e fixemos unha parada na igrexa do mesmo nome.
Rematada a andaina, paramos para repoñer forzas cun xantar campestre na Pallota.
O encontro rematou coa lectura de dous poemas da obra "Paisaxes de pan" por parte da autora,Ánxela Gracián,que nos acompañou durante toda a actividade.