Actividades de infantil
FALAMOS EN INGLÉS COAS NOSAS FAMILIAS. CURSO 24/25
O alumnado de 6º de EI preparou un mini libro baseado no conto "Pete the Cat". Medinte un QR incuído no libriño, cada alumno puido contar na casa o conto ás súas familias. Aquí temos unha mostra do contido do mesmo así como o QR que leva ao audio coa historia narrada polos cativos e a profesora. Cada un na súa casa escoitouno e contouno de novo, como mostran vídeos da expereincia, que moi amablemente compartiron con nós algunhas familias. Pete the Cat vai quedar para sempre na memoria do alumnado de 6º de infantil, como xa o fixo na de grupos anteriores que, despois de varios anos piden volver cantar e disfrutar con el.
A VOLTA AO MUNDO EN ALGO MÁIS DE 80 DÍAS
O alumnado de 5º Ed. Infantil, andamos dende o comezo de curso, dando a volta ao mundo en algo máis de 80 días, axudándonos da serie de Willy Fog. Xa pasamos por Londres, e por París, e ahora tacaríanos visitar Brindisi e o país de Italia, pero aproveitando que temos no cole este ano, unha axuliar de conversa da India, país, que tamén visita Willy Fog, pois decidimos aprender cousas da India, man de Ritu. Despois voltaremos hacia atrás para poder saber cousas de Italia e de Exipto, pero quizá sexa para o ano.
Dendelogo, se viaxaramos con Willy Fog, Tico e Rigodón, non ganábamos a aposta... xa que nos vamos a outro ritmo, e atopamos tantas cousas interesantes en cada país, que sempre queremos saber máis e máis.
Vamos enseñarvos unha pequena mostra da nosa viaxe por París e das cousas que alí descubrimos.
Fixemos o museo do Louvre, para ter o noso propio museo, nas nosas casas.
Vimos que dentro do Museo do Louvre había un cuadro moi moi famoso, e que nos tiñamos tamén no noso cole. A Gioconda
E por último, fomos tamén a Disneyland. E fisemos un photocoll como se estiveramos alí en persona... Foi divertido!!!
Temos que dar as gracias a todas as familias que colaboran en todas as actividades que lles propoñemos, e tamén ás profes e a Mercedes, que colaboran facendo máis motivadoras as actividades.
E quedamos á espera do que vamos a decubrir con Ritu sobre a India
DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
Celebramos o día dos dereitos da infacia, entre otras cousas, coa realización destes murais en EI e Primaria.