Actividades de infantil
SEMANA DA PRENSA EN 4º DE EI
Para celebrar a semana da prensa o alumnado de 4° de Infantil traballamos cos xornais deste xeito: pintamos as follas do xornal con témpera de diferentes cores para despois usar para unha obra de arte ó estilo Yayoi Kusama.
Con esta tarefa vimos que cos xornais tamén podemos facer arte e traballar a creatividade. E conceptos como: grande- pequeno- mediano.
DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA
Os nenos e as nenas de 3 anos celebramos o día da auga, da mellor maneira posible, regando os nosos xeranios.
E para celebrar o día da árbore, os nenos e nenas de 3 anos, traballamos o grafismo con este libro: Wangari y los árboles de la paz. Encantounos este conto. E sobre todo, mirade que bonitos quedaron as nosas árbores!!!
EXIPTO CON LUZ NEGRA E REALIDADE AUMENTADA
Dentro do proxecto sobre Egipto, fixemos Unha sesión artística con luz ultravioleta, tamén chamada luz negra. Dentro deste mesmo proxecto vimos as pirámides usando unha aplicación de realidade aumentada.