Actividades de infantil

VISITA A CORREOS

Os alumnos e alumnas de 3 anos  fixemos onte unha visita moi especial. Fomos ata a oficina de Correos levar unha carta moi especial. Moitas gracias Mar por ensinarnos como chegan as cartas ás nosas casas. Que dirá esa carta? Sorpresa, sorpresa...... Xa queda menos para sabelo!!!

CHEGOU O VERÁN DE SAN MARTIÑO

Chegou o verán de San Martiño e  o alumnado de 4 anos saíu ao horto plantar porros.

TRABALLOS DE OUTONO

O alumnado de 3 anos fomos ó horto a recoller as últimas colleitas do ano. Cabazas, calabacíns e tomates.

Despois arrincamos as plantas e cubrimos as nosas parcelas de herba para que non saian herbas malas e nos sirva tamén de abono.

TEMPO DE COLLEITA EN EI

É tempo de outono e tocou recoller as cabazas do noso horto.

Aquí o mostrario de tamaños, formas,maduración, cores, peso….e degustación.

O alumnado de 5º de E.Infantil, moi emocionados,participaron en todo o proceso dende a sementeira ata a recolección, tanto das cabazas como dos allos, cebolas, patacas, cenorias, fabas, garavanzos e millo.

Algunhas das actividades que se realizaron na aula foron: debullar, clasificar, comparar, enumerar, debuxar,sementar e investigar.

CELESTE, O NOSO ESPANTALLO

As nenas e nenos de 3 e 5 anos estiveron estes días pensando, escollendo e escribindo nome para o espantallo da horta do cole: 

 

Cada un/unha pensou un nome que escribiu nun papeliño. Metemos todos os papeis nunha caixa e unha das súas mans inocentes sacou o definitivo. 

 

Decidimos entre todos escribilo sobre algún material de refugallo axeitado, que houbese polo cole (foron os tapóns de plástico que se recollen para reciclar). 

 

 

Finalmente con eses tapóns fixemos un colar que lle fomos colocar hoxe a Celeste, o noso espantallo.

Distribuir contenido