PIE

USO DE TABLETS DE POLOS CREATIVOS NA AULA MAKER

Entre o material pertencente aos Polos Creativos, dispoñemos de 6 tablets que se poden empregar para traballos específicos das diferentes materias para todo o alumnado, ou para os tempos de lecer na chamada aula maker, baixo a supervisión da profesora de garda. No mundo actual, a alfabetización dixital é imprescindible, e ademais, os videoxogos empregados con supervisión e control, inclúen beneficios como o desenvolvemento da atención, a creatividade, a memoria, os idiomas ou o traballo en equipo. Os videoxogos poden axilizar a capacidade de lidiar con imprevistos ao plantexar problemas e establecer un tempo para resolvelos. Tamén poden ser empregados con fines máis específicos en alumnado con necesidades educativas especiais, como traballar a motricidade fina, habilidades comunicativas, etc.

CREACIÓN DE MATERIAIS INCLUSIVOS

Dentro dos programas Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa, están a creación de materiais que melloren o éxito escolar de determinado alumnado con necesidades especiais. Nestes casos é máis necesario que en ningún outro, contar coa implicación das familias.

Este material en concreto pertenece á modalidade INCLÚE – T, que promove a eliminación de barreiras derivadas de condicións persoais do alumnado. Porque unha escola inclusiva é aquela que se apoia na convicción de que todo o alumnado pode aprender cando se lle outorgan as oportunidades de aprendizaxe axeitadas e se estimulan as capacidades traballando en colaboración coas familias.
Neste caso, este material creouse para favorecer a aprendizaxe dun alumno autista para responder ás súas necesidades:

  • O alumno aprende mellor por vídeos ou outros materiais que pola explicación directa, xa que se distrae no contacto persoa a persoa, e se concentra mellor se non ten que estar pendente da interacción social.
  • É un alumno cunha gran memoria, que responde moi ben á introdución de contidos impartidos en cursos anteriores.
  • Agradece a repetición de determinados contidos exactamente no mesmo formato de imaxes, audios, música de fondo... Fai que lle resulten familiares e facilita a aprendizaxe e a relación de contidos anteriores cos novos.
  • Motívase moito se relacionamos as aprendizaxes con cancións, anuncios e xogos do seu interese, ou con cuestións prácticas da vida diaria. Neste sentido é fundamental o labor da súa nai, que nos transmite os elementos da súa contorna que nos poden resultar útiles para introducirlle as diferentes aprendizaxes (determinadas cancións, xogos, anuncios...), con suxestións sobre o seu uso específico para introducir contidos novos.

Por todo isto, no vídeo que elaboramos, relaciónanse contidos da materia de Tecnoloxía do curso 2023 – 2024 cos contidos impartidos na mesma materia no curso  anterior, cos audios específicos dos vídeos que se empregaron; e tamén con contidos dalgunha outra materia (ciencias naturais, xeografía e historia); ou da vida diaria (como colocar unha pila nun aparato, os riscos da electricidade, que facer se salta o diferencial na casa e se vai a luz...).
Estes apuntamentos presentados no vídeo tenos tamén en papel, e complétanse con exercicios relacionados. A repetición da estrutura da clase tamén o axuda dándolle seguridade: visualización do vídeo, realización de exercicios (de forma individual ou cos compañeiros e compañeiras de clase cando é posible), tempo de descanso.

INCLUSIÓN DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

O pasado xoves 18  de xaneiro veu visitarnos a campioa de Europa 2019 de parakárate e primeira muller máis xoven árbitro en España. Deu unha charla sobre "Deporte, muller e diversidade funcional" ao alumnado da ESO. Cega dun ollo e deportista dunha disciplina minoritaria nun mundo masculinizado como é o deporte, demostrou que todos podemos triunfar na vida cando se nos da a oportunidade Moitas gracias, Cristy!

SOMOS PROTAGONISTAS

O alumnado de 5° de E.I.durante o segundo trimestre, participou no proxecto "O protagonista da semana".

A investigación estivo centrada en tomar conciencia do "outro"(como son eu, como son os demais), descubrindo cousas que nos identifican e nos diferenzan e buscando fomentar a tolerancia e respecto á diversidade.

Priorizamos os obxectivos de: buscar a implicación familiar, fomentar a autoestima, asumir responsabilidades e privilexios, favorecer a comunicación e expresión verbal, progresar no coñecemento de si mesmo, manifestar gustos, preferencias, necesidades e sentimentos e coñecer profesións, costumes e tradicións propias e alleas.

 

Entre as diferentes actividades realizadas destacamos a elaboración do "libro do protagonista" e a visita familiar.

SAÍDA DE 5ºDE EI AO CASTRO DE VILADONGA

Descubrimento e exploración da contorna.

Visita didáctica ao Castro de Viladonga(Castro de Rei)-Lugo do alumnado de 5°de Educación Infantil xunto coas súas familias e mestras.

 

A finalidade era coñecer e fomentar o respecto e valoración da contorna próxima, tamén ampliar coñecementos e implicar ás familias nos proxectos escolares.

Distribuir contenido