SOMOS PROTAGONISTAS
O alumnado de 5° de E.I.durante o segundo trimestre, participou no proxecto "O protagonista da semana".
A investigación estivo centrada en tomar conciencia do "outro"(como son eu, como son os demais), descubrindo cousas que nos identifican e nos diferenzan e buscando fomentar a tolerancia e respecto á diversidade.
Priorizamos os obxectivos de: buscar a implicación familiar, fomentar a autoestima, asumir responsabilidades e privilexios, favorecer a comunicación e expresión verbal, progresar no coñecemento de si mesmo, manifestar gustos, preferencias, necesidades e sentimentos e coñecer profesións, costumes e tradicións propias e alleas.
Entre as diferentes actividades realizadas destacamos a elaboración do "libro do protagonista" e a visita familiar.