Orientación

Que é a orientación

 

Departamento de Orientación

QUE É A ORIENTACIÓN? 

                            

·        

A orientación forma parte do proceso educativo, comeza dende o primeiro ano de escolarización e remata ó finaliza-las ensinanzas non universitarias.

·        

O obxectivo da orientación e proporcionar axuda á persoa para que adquira un mellor coñecemento das súas posibilidades e lograr unha adecuada elección e integración persoal, escolar, profesional e social.

·        

Na orientación participan todos os axentes educativos (titores, orientadores, profesores, alumnos e familia)

 

 

QUE É O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN? 

 

·        

Forman parte do departamento de orientación:

·        

2 mestres coa especialidade en Pedagoxía Terapéutica                                  

·        

1 mestre coa especialidade en Audición e Linguaxe

·        

 2 titores/as da etapa de secundaria

·        

Coordinadoras de ciclos das etapa de infantil e primaria                                  

·        

Orientadora                                                                                    

·        

O horario de atención do departamento ás familias:

                        Orientadora:                        luns e martes de 12:15 a 12:35

                        PT Primaria:                        martes de 13:40 a 14:30

         PT Secundaria:                    martes e mércores de 12:15 a 12:35

         AL:                                        martes de 13:40 a 14:30

 

 

CALES SON AS FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN? 

 

·        

O departamento  ten as seguintes funcións:

·        

Planificar en desenvolver actuacións de reforzo da aprendizaxe dos alumnos que o precisen.

·        

Coordinar cos titores a elaboración do plan de acción titorial

·        

Asesoramento ás familias sobre o proceso educativo dos seus fillos

·        

Asesoramento ós profesores

·        

Atención  e asesoramento a alumnos/as

·        

Orientación académica e profesional

·        

Participar nas avaliacións

·        

Atención á diversidade:

·        

Avaliacións psicopedagóxicas

·        

Organización de actividades de apoio educativo

·        

Organización de agrupamentos específicos.

 

Sistema anacrónico

 Nos últimos 50 anos as esferas económica, cultural e persoal deron un xiro no mundo enteiro. E non obstante, os sistemas educativos non moveron un ápice os seus programas e os seus obxectivos. Por que se aburren os nenos e nenas no colexio? Por que chegan ao mundo adulto sen ter idea dos seus propios talentos e capacidades? O líder en educación e creatividade Ken Robinson chama neste programa de Redes a demoler unha educación nacida para e polas sociedades industriais. A sociedade da información actual necesita mozos creativos e motivados.

Se tedes problemas para visualizar o vídeoprobade con este enlace

060

Portal virtual para aceder a calquera trámite da administración a través da rede. A páxina 060.es agrupa enlaces da administración pública onde se poden realizar xestións telemáticas. Trátase dunha taxonomía que ordena os enlaces por categorías dun xeito sinxelo e eficaz.

O novo bacharelato 2008

As novas ensinanzas do Bacharelato comezarán a impartirse o vindeiro ano académico 2008/09 para o primeiro curso e no 2009/10 para o segundo. Estas ensinanzas están marcadas pola Lei Orgánica de Educación e reguladas polo Real Decreto de 2/11/2007


Novidades

 

Distribuir contenido