CP-INCLÚE
PROCESO DE REALIZACIÓN DO MURAL DE HIPATIA DE ALEXANDRÍA. 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
CHARLA DE DIACONÍA
“Para que exista interculturalidad debe haber espacios donde poder escuchar, responder, preguntar, ser preguntado, debatir, convivir…”
PROGRAMA EMOCIONA-T
EMOCIÓNA-T
Trátase dunha actuación necesaria, e máis nestes tempos de pandemia, para poñer en valor a importancia e repercusión das aprendizaxes non cognitivas (emocionais) para o benestar e o progreso social, coa vontade de optimizar a calidade educativa como un sinal permanente nos contextos escolares.
5.1. Descrición da actuación
Desenvolveranse accións para a mellora da competencia socioemocional de toda a comunidade educativa, que redunde no benestar emocional persoal e social e na súa calidade de vida, así como o desenvolvemento de estratexias que favorezan o aumento da autoestima, a empatía e a resiliencia, a mellora das habilidades comunicativas, o incremento do autocontrol emocional, a superación, a identificación das emocións dos demais e o coñecemento das propias.
5.2. Obxectivos
a) Adquirir e desenvolver competencias emocionais (conciencia emocional, autonomía emocional, regulación das emocións propias e alleas...), en toda a comunidade educativa, entendidas como competencias básicas para a vida.
b) Avanzar cara unha educación emocional concibida como un eixe transversal.
c) Potenciar o deseño e implementación de programas de intervención para a adquisición e desenvolvemento de competencias emocionais.
d) Implicar o profesorado na formación da educación emocional.
e) Mellorar o rendemento académico do alumnado a través da contribución das habilidades emocionais.