Actividades de infantil
CELEBRACIÓN DE REMATE DA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL "FESTA DA ALEGRÍA"
O día 17 de xuño de 2015, no CPI de Castroverde tivo lugar a celebración da tan agardada "FESTA DA ALEGRÍA", coa que os nenos/as de 6º de educación infantil quixeron celebrar o peche do 2º ciclo e o remate desta etapa, tan importante na súa vida. Para a ocasión, contaron co apoio da súa familia e dos mestres que con tanta ilusión prepararon este convite. |
EDUCACION INFANTIL:RUTA DO CAMIÑO PRIMITIVO
Ruta do camiño primitivo por Castroverde, dende a fonte do Trabado ata o Concello.
AXENDA 21
Con motivo da participación do CPI de Castroverde na Axenda 21, o grupo de Infantil elixiu o tema "Os Xoguetes", para facer un estudo de como foron evolucionando ó longo do tempo, contando coa participación de pais, nais, avós e avoas.
Para iso mandamos unha nota a casa onde se agradece a participación da familia e aquí están os resultados: pelotas, puzzles, bonecas son os máis comúns e na familia xoguetes de carácter máis tradicional: comba, goma, canicas...