Actividades de infantil

GRAFISMO CREATIVO NO SAMAÍN

Seguimos na nosa aula de 4 anos,  co grafismo creativo. Nesta ocasión traballamos o grafismo con elementos que teñen relación co Samaín, como poden ser: o sombreiro e o caldeiro da bruxa, as pantasmas.... e non seguimos dicindo nada máis. Se queredes saber que máis fixemos tedes que premer no vídeo. Todas as imaxes que usamos foron dadas pola mestra Inma, que seguimos o seu blogue moi a menudo: a_profe_inne

ARTELLANDO CON ARCIMBOLDO

Chegou o OUTONO e os nenos e nenas de 4 anos trouxemos froitos de outono para a clase. Clasificámolos, mirámolos, tocámolos e nomeámolos escribindo os seus nomes. E con todo estes froitos, decidimos facer unha obra de arte. Desta vez, fixámonos en Arcimboldo. Así de bonito quedou!

COLLEITA E ESFOLLA DO MILLO

Na aula de 4 anos, plantamos o ano pasado millo na nosa horta. E en setembro fomos a recollelo. Estamos artellando algo para facer con el... pero xa vos iremos ensinando o que... queda de sorpresa!!  Recollémolo e esfollámolo para conservar as follas.

OS CORAIS

No mes de setembro, a aula de 4 anos, fixemos unha obra de arte relacionada co calendario que temos na aula. Este mes falamos dos corais. E despois de ver varios visionados decidimos facer esta actividade de arte.

NOVOS RETOS EN EDUCACIÓN INFANTIL: TOCA COIDARSE

O alumnado de 5° de Educación Infantil afrontou o reto de "TOCA COIDARSE",investigando sobre o seu corpo,como coidarse, quen os coida e como e que poden facer para estar ben.

 

Toda a información queda recollida na revista "Peque saúde".

Distribuir contenido