Club de lectura
Día da Poesía. Actividade realizada pola Biblioteca e o Club de Lectura
No CPIP de Castroverde, celebramos o Día da Poesía cun recital no que o alumnado da ESO leu poemas en varias linguas. Algunhas delas, linguas nativas como o árabe ou o romanés, xunto co galego e o castelán. Tamén poemas en francés e inglés e, mesmo se atreveron co portugués e o italiano. Tamén se escoitaron poemas musicados por diferentes artistas ( A Banda da Loba, Rosalía ou Los Suaves).
DÍA DE ROSALÍA EN ESO. ACTIVIDADE DE MÚSICA E LINGUA GALEGA
No CPIP de Castroverde celebramos o Día de Rosalía coa interpretación musical dun dos seus poemas, o titulado "Alborada"; o alumnado de 1° e 3° ESO leu o manifesto escrito pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e fíxose ,nun dos taboleiros de secundaria,unha exposición de poemas da autora galega e de poemas adicados a ela.Ademais nas clases de Lingua Galega léronse e escoitáronse algúns poemas da autora.
ENCONTRO CON MARÍA SÁNCHEZ
O pasado 2 de novembro todo o alumnado da ESO tivo a oportunidade de falar coa autora María Sánchez sobre o seu libro Almáciga, co cal tiñan traballado previamente na clase. A autora tamén lles falou doutros temas como das súas outras obras Tierra de Mujeres e Cuaderno de Campo.
PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ABRAHAM PÉREZ, SACHO DE SEDA
O martes 31 visitaron o noso centro o escritor, Abraham Pérez, e mais o editor de Menino Morreu, Ângelo Pineda, para presentar o libro Sacho de seda. Faláronnos do que significa o fútbol xunto ca súa relación ca nosa realidade e os contextos sociais, foi unha xornada entretida e ben interesante.
ENCONTRO LITERARIO CON MARÍA SÁNCHEZ
Texto: Na materia de Lingua Castelá, estivemos traballando co libro Almáciga da autora María Sánchez. Nel a autora recolle unha serie de palabras do ámbito rural en risco de desaparecer e constrúe así o seu pebideiro de palabras, a súa almáciga. Nós, convidados pola autora, tamén estamos a procurar as nosas palabras-semente.
O próximo 2 de novembro falaremos con ela sobre este tema.