O día a día

Xornada de DUATLÓN

 
O xoves 23 de abril, o alumnado de 4º, 5º e 6º recibiu a visita de Lorena, unha representante do clube de triatlón Mar de Vigo.
Despois dunha breve explicación na que o noso alumnado coñeceu a orixe, características e modalidades do duatlón e triatlón, pasamos a poñer en práctica todo o aprendido.
 
 
Comezou dividindo ao alumnado en dous grupos que fixeron unha primeira parte de quecemento cun percorrido de habilidades coa bicicleta e, a continuación, unha proba de duatlón, na que realizaron dúas voltas ao colexio correndo, tres en bicicleta a un percorrido polo patio e rematando con outra volta correndo arredor colexio. 
 

Aos rapaces encantoulles. Pasaron un rato divertido, practicando deporte dun xeito diferente ao habitual... Esperamos repetir o vindeiro ano.

Moitas grazas Lorena por explicarnos e axudarnos a coñecer un deporte tan entretido.

Máis fotografías na nosa Galería

Unha profe nova

Dende a  Concellería de Xuventude do Concello de Vigo estase a levar a cabo un programa de apoio e reforzo educativo asistido por cans en centros de educación infantil e primaria, tivemos sorte e tocounos a nós, os de 2º curso. Neste programa intervén un profesional especializado en Intervencións asistidas por cans, sendo José L. Pellitero o seu  coordinador.

                 

Por iso...

O día 25 de marzo o alumnado de 2º curso recibiu a visita dunha profesora moi especial.

Era … a cadela TRUFA, de raza Goldien Retriever de catro anos de idade.

Ela ensinounos como hai que estar e comportarse na clase: tranquilos, pedir a quenda de palabra, movernos en silencio, coidar o material e sobre todo ter moita CALMA.

                   

Era sorprendente como Trufa obedecía ao adestrador, estando queda na cadeira do mestre, paseando polas mesas e relaxándose con todos nós.

Pero, o máis alucinante foi escoitala cantar seguindo o ritmo da harmónica.

                 

Ao final tivemos unha sorpresa máis …

SENDA” unha irmá de Trufa que tan só tiña dous meses e aínda está aprendendo a comportarse.

 

Desexamos que pronto volvan para que nos ensinen co seu bo exemplo.

QUE BONITAS TRUFA E SENDA!!!

RECICLAXE

Neste mes de marzo no colexio traballamos a importancia que ten a reciclaxe para coidar e conservar o noso planeta en bo estado.
Coa axuda dunha charla promovida por SOGAMA e un obradoiro que o concello de Vigo achegou ao noso centro os escolares de Santa Tegra aprendemos que separando correctamente os envases estes pódense reciclar, mentres que se mesturamos os residuos botaremos a perder o esforzo que moitas persoas realizan diariamente.

Aquí vos deixamos un recordatorio para que ninguén dubide que envases debemos depositar en cada colector:

Colector XENÉRICO, tamén de cor verde: Utilizaremos este colector para depositar nel todos aqueles residuos que non poden ir en ningún dos outros colectores, como pode ser roupa ou calzado vello, residuos orgánicos, xoguetes …

Punto Limpo: Son aqueles lugares habilitados para depositar residuos especiais como pode ser un televisor ou unha lavadora.

Colector AZUL: Envases de papel e cartón que se poidan reciclar como as caixas das galletas ou de zapatos ademais de periódicos e revistas.

Colectores para pilas: Como o seu nome indica son para pilas xa que estas son moi contaminantes e deben ir no seu propio colector.
Colector AMARELO: Botellas e envases de plástico, latas e briks: bolsas de aperitivos, envases de iogures, de zumes, xeles de baño …
Recorda: Non botar obxectos que non sexan envases.
  IGLÚ VERDE: Só botellas, frascos e tarros de vidro, como frascos de colonia, tarros de marmelada ou botellas de viño …
Recorda: Temos que botar os envases sen tapas nin tapóns.
 
Distribuir contido