O día a día

Lectura en inglés

The forth and fith levels of Primary Education in the CEP Santa Tegra are carrying out a task about books´ translation.

This activity has as a purpose to learn the meaning of new words and expressions in a context and always with a visual support so this make learning more meaningful for them.

   

This task is taking place once a week on Wednesdays or Thursdays at the reading time. First of all, every child has chosen a story in English Language adapted to his/her age and level of foreign language. The books are placed in the English Class Library.

They write on sheets of paper folded so they look like the real pages of an authentic book. They also illustrate them with pictures and drawings and design their own cover with the title of each book.

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Como cada curso o alumnado de 2º, 4º e 6º participou neste obradoiro no que tivo a ocasión de reflexionar, debatir e expresar as súas ideas sobre o tema da igualdade de oportunidades entre as persoas sen importar o sexo que teñan. Nos seguintes enlaces atoparemos imaxes de como se levou a cabo.
 

Premios Faro da Escola

Os premios Faro de escola do Faro de Vigo foron este pasado mércores día 29. O alumnado de 2º de primaria participamos en “Faro da escola” por primeira vez, aportando unha forma única de facer un periódico.

Un obxectivo: falar de nós. Crear as nosas novas porque nós somos unha nova. Novas por como traballamos na aula, usando metodoloxías activas. Novas polos elementos que usamos: dispositivos multitáctiles, creación audiovisual, robótica… Novas por como nos sentimos, lendo e aprendendo sobre sentimentos e meditación.

Unha forma de plasmalo: Crear un periódico diferente. E iso foi o que fixemos, crear unha forma de ler o xornal que saia do habitual. Por iso fixemos uso da Realidade Aumentada.

Un xeito de rematar:  Os premios Faro da escola. Alí recollemos dous premios:
Á mellor infografía co traballo sobre a alimentación, o deporte e o sono das familias dos tigres e gallifantes.
E un accésit ao periódico máis innovador.

Foi toda unha ledicia para nós poder recoller estes premios, contando que ademais eramos os máis pequenos de todo o alumnado participante. Por iso, estamos moi ledos, por construír un xornal que nos define, pero tamén por todo o traballo que fixemos.

Parabéns Tigres e Gallifantes!
Distribuir contido