O día a día

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN

Promocionado polo Concello de Vigo, Faro de Vigo e Vegalsa o día 26 de febreiro o alumnado de 5º e 6º tivemos un obradoiro sobre alimentación.

Estabamos todos guapísimos de cociñeiros cun mandil e un gorro vermellos. A monitora falounos dos alimentos e a proporción deles que debemos tomar cada día, facendo referencia aos nutrientes que aporta cadanseu.

Logo chegou a nosa participación confeccionando un prato con froitas (que debemos tomar 5 ao día). Previamente xa nos repartiran todo o material: prato, garfo, cóitelo (todos de plástico), pano de mesa…

Pelamos a mandarina e colocámola no prato pero sen saber moi ben o que iamos facer, resulta que iso sería a area, logo pelamos e picamos un plátano que serían dous troncos de palmeira; posteriormente partimos o kiwi (que xa viña pelado) en porcións para formar as pólas da palmeira e o toque final unhas uvas negras partidas pola metade eran os cocos.

Quedounos unha paisaxe de moita beleza.

Pero o mellor foi despois: COMER A MERENDOLA DE CATRO FROITAS!!!!

APRENDEMOS QUE DEBEMOS COMER VARIADO E MÁIS FROITAS E VERDURAS; ALIMENTÁNDONOS ASÍ E FACENDO EXERCICIO  FÍSICO DIARIO EVITAREMOS A OBESIDADE.

ACCESO AS FOTOGRAFÍAS NA NOSA GALERÍA DE FOTOS

Actividade científica

Os máis pequenos do colexio desfrutamos dun estupendo obradoiro científico impartido por Alex Alonso, biólogo mariño do CSIC.

Con el fixemos un interesante experimento: que sucede cando a auga doce se mestura coa salgada como sucede, por exemplo, nas desembocaduras dos ríos? Cal pesará máis? Cal queda no fondo?

Ademais, contounos e mostrounos moitas curiosidades dos animais mariños: Como se reproduce o cabaliño de mar, como respira ou que come a balea, como é a mandíbula dun tiburón, os seus dentes, a súa pel… ata cando unha centola muda o seu esqueleto!

Aprendemos un montón e gozamos mogollón!!!

Moitas grazas, Alex, es o mellor!!!  Sorriso Sorriso Sorriso   Volve pronto, por favor!!!

Fai click na imaxe seguinte e poderás ver a peli.

Inglés en 6º

In Class 6 we had a really good time learning and reading about mythical creatures. We also sang a funny song from the British Council, and then some of us designed our own.

Jimmy is Yeábsira´s mythical creature. It has got many different parts: a goat´s head, a giraffe´s neck, an elephant´s body, a tyrannosaurus’s legs, a man´s arm, a rabbit´s tail, a badger´s claws… Wow!!!!!


Dani has got three dog heads, a horse´s body and a dragon´s tail. It also has got an owl´s eyes and a rabbit´s ears. Fantastic!!!!


Oriceroleo has got a rhino’s head, a lion´s body and a rabbit´s tail. Its name comes from the scientific names of rabbit, rhino and lion. It´s amazing!!!

Sand- Plant Beast has got a crocodile’s head, a tiger´s legs and a scorpion´s tail. Awesome!!!


Skelezom has got a skeleton´s head and a zombie´s body. It´s scary!!!!

Distribuir contido