OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN

Promocionado polo Concello de Vigo, Faro de Vigo e Vegalsa o día 26 de febreiro o alumnado de 5º e 6º tivemos un obradoiro sobre alimentación.

Estabamos todos guapísimos de cociñeiros cun mandil e un gorro vermellos. A monitora falounos dos alimentos e a proporción deles que debemos tomar cada día, facendo referencia aos nutrientes que aporta cadanseu.

Logo chegou a nosa participación confeccionando un prato con froitas (que debemos tomar 5 ao día). Previamente xa nos repartiran todo o material: prato, garfo, cóitelo (todos de plástico), pano de mesa…

Pelamos a mandarina e colocámola no prato pero sen saber moi ben o que iamos facer, resulta que iso sería a area, logo pelamos e picamos un plátano que serían dous troncos de palmeira; posteriormente partimos o kiwi (que xa viña pelado) en porcións para formar as pólas da palmeira e o toque final unhas uvas negras partidas pola metade eran os cocos.

Quedounos unha paisaxe de moita beleza.

Pero o mellor foi despois: COMER A MERENDOLA DE CATRO FROITAS!!!!

APRENDEMOS QUE DEBEMOS COMER VARIADO E MÁIS FROITAS E VERDURAS; ALIMENTÁNDONOS ASÍ E FACENDO EXERCICIO  FÍSICO DIARIO EVITAREMOS A OBESIDADE.

ACCESO AS FOTOGRAFÍAS NA NOSA GALERÍA DE FOTOS