O día a día

Obradoiro de hixiene de mans

 

A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o día 5 de maio como o "Día Mundial do Lavado de Mans".

Para conmemorar esa data, todo o alumnado do colexio levou a cabo un obradoiro no que,

da man de María e dúas compañeiras enfermeiras coma ela, aprendemos o importante

que é para a nosa saúde lavar as mans de xeito adecuado.

Explicáronnos que os xermes que contaminan as mans

son os causantes dalgunhas enfermidades.


Aprendemos que as mans deben lavarse con auga e xabón

ou cunha solución hidroalcohólica. Empezamos palma con

palma, logo o dorso e sobre todo entre os dedos

intercalando uns entre os outros.


Unha vez lavadas as mans metémolas nunha lámpada

dotada dunha luz ultravioleta para comprobar se o

fixeramos ben. Utilízase en hospitais e centros de saúde

xa que permite observar as rexións que non están

correctamente limpas e desinfectadas.

Grazas a María e as súas compañeiras por compartir o seu tempo e coñecementos con nós.

Máis fotografías na nosa GALERÍA DE FOTOS

Buscando os ovos de Pascua

No seguinte vídeo vemos como empezou a Pascua o alumnado de 1º,

nada menos que cun xogo no que tiñan que atopar saborosos

"ovos de Pascua"

 

LUDOTECA LINGÜÍSTICA

O 21 de marzo o alumnado de 5º e 6º disfrutamos dunha actividade chamada "LUDOTECA LINGÜÍSTICA" promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Consiste en fomentar o uso do galego dun xeito lúdico a través de xogos tradicionais. 

Superamos as probas traballando en equipo e disfrutamos moito da actividade aprendendo novas palabras no noso idioma.

 

Máis fotos na nosa GALERÍA DE FOTOS

Distribuir contido