O día a día

CELEBRAMOS O DÍA DA MÚSICA

O pasado venres día 22 celebramos no noso cole a patroa da música, Santa Cecilia.

Despois do recreo, fixemos todos xuntos no ximnasio distintas actividades musicais.

Comezamos escoitando música en directo e debuxando o que pensabamos ou imaxinabamos en cada peza que a nosa mestra Esther tocaba.

A seguinte actividade foi un “coro de 104 alumnas e alumnos”. Entoamos curtas melodías que escoitabamos e logo tiñamos que repetir a modo de eco. Comezou o alumnado de primeiro e pouco a pouco foron incorporándose todos os cursos. E, a verdade, que non soaba nada mal!

Seguimos cunha danza do mundo chamada “Sete saltos” e rematamos a pequena xornada musical movendo o esqueleto ao ritmo de distintas músicas moi variadas.

Pasámolo moi ben nesta estupenda xornada adicada á música e á boa convivencia!!! 

No seguinte vídeo podedes ver unha mostra da nosa celebración.


Podes ver máis fotos clicando AQUÍ.

 

XORNADA DE BALONMÁN


O pasado 18 de Outubro todo o alumnado do centro tivo unha xornada de introducción ao balonmán. Vivenciaron diferentes actividades propias deste deporte. Foi unha xornada moi lúdica onde o pasaron moi ben.

Clicando en cada imaxe pódese ver unha mostra dese día.

MERENDAS SAUDABLES

Nas primeiras semanas de clase deste curso traballouse nas aulas a importancia de ter unha alimentación saudable, contribuíndo así a que o noso alumnado estea san e forte.

Elaboramos este cadro cunha distribución variada das merendas da semana .

Grazas ás familias por colaborar e promover hábitos de vida saudable!!!

 

 

 

Distribuir contido