CELEBRAMOS O DÍA DA MÚSICA

O pasado venres día 22 celebramos no noso cole a patroa da música, Santa Cecilia.

Despois do recreo, fixemos todos xuntos no ximnasio distintas actividades musicais.

Comezamos escoitando música en directo e debuxando o que pensabamos ou imaxinabamos en cada peza que a nosa mestra Esther tocaba.

A seguinte actividade foi un “coro de 104 alumnas e alumnos”. Entoamos curtas melodías que escoitabamos e logo tiñamos que repetir a modo de eco. Comezou o alumnado de primeiro e pouco a pouco foron incorporándose todos os cursos. E, a verdade, que non soaba nada mal!

Seguimos cunha danza do mundo chamada “Sete saltos” e rematamos a pequena xornada musical movendo o esqueleto ao ritmo de distintas músicas moi variadas.

Pasámolo moi ben nesta estupenda xornada adicada á música e á boa convivencia!!! 

No seguinte vídeo podedes ver unha mostra da nosa celebración.


Podes ver máis fotos clicando AQUÍ.