O día a día

CAMIÑO DO MONTE

 

Eva Deza, técnico en Educación Ambiental, ofreceunos a posibilidade de levar a cabo o seu proxecto "CAMIÑO DO MONTE". Guiados por ela, o alumnado de cada curso realizou o roteiro didáctico “A senda dos sentidos” para coñecer a flora e a fauna da contorna do noso centro.

  Ao longo do percorrido, descubrimos flora diversa: sabugueiros, loureiros, carballos,  xilbarbeiras, nogueiras, pradairos, castiñeiros, pau de espiño, mentraste, fiúncho, pampullos…
O alumnado botou man de prismáticos, lupas e cámara fotográfica para non perder detalle do que ía vendo.
Eva falounos dos animais que hai na zona. Vimos bolboretas, saltóns, merlos, pegas, pardais…; escoitamos cantar paxaros, atopamos pegadas e tamén unha tobeira.
Na carballeira estivemos moi atentos por se viamos algunha vacaloura pois parece ser que nesta época  poden verse. Mágoa que non tivemos sorte.

Agradececemos á ANPA a súa colaboración nesta actividade pero sobre todo…

MOITÍSIMAS GRAZAS A EVA DEZA por compartir connosco os seus coñecementos.

Enlace fotos 1º e 2º

Enlace fotos 3º e 4º

Enlace fotos 5º e 6º

 

BIBLIOTECA "JUAN COMPAÑEL"

O ALUMNADO DE 5º E 6º FOMOS VISITAR A BIBLIOTECA "JUAN COMPAÑEL" DE VIGO, ANTES COÑECIDA COMO BIBLIOTECA CENTRAL.

ALÍ, O NOSO GUÍA CÉSAR, DEUNOS UNHA CHARLA SOBRE:

- OS FONDOS QUE TEN A BIBLIOTECA (LIBROS, PELÍCULAS, REVISTAS, XORNAIS...)

- COMO ESTÁN ORDENADOS E CATALOGADOS OS MATERIAIS

- COMO FACERNOS SOCIOS PARA PODER DISFRUTAR DO SERVICIO DE PRÉSTAMO...

O MELLOR DE TODO É QUE PODEMOS DISFRUTAR DE TODO O QUE TEN A BIBLIOTECA DE MANEIRA TOTALMENTE GRATUITA.

ANTES DE VOLVER AO COLEXIO ESTIVEMOS VENDO LIBROS MOI CHULOS E XOGANDO A UN XOGO DE PISTAS, NO QUE O PASAMOS XENIAL. 

 



EDUCACIÓN VIARIA

O alumnado de 6º fomos o pasado mes de marzo ao circuito do Castro. Alí dous policías locais nos ensinaron normas de educación viaria que temos que aplicar, tanto sendo peóns como sendo ciclistas. 

Primeiro tivemos unha pequena charla teórica. O mellor foi o seguinte: a fase práctica, onde nós eramos os protagonistas e podiamos facer de ciclistas, de policías ou de peóns.  

Para rematar tivemos unha posta en común para analizar e valorar as nosas actuacións nas prácticas do circuito.

Foi unha saída estupenda, o pasamos fenomenal e ademais aprendemos a comportarnos na rúa.

 
  Grazas á policía local do Concello de Vigo!!!
Distribuir contido