CAMIÑO DO MONTE

 

Eva Deza, técnico en Educación Ambiental, ofreceunos a posibilidade de levar a cabo o seu proxecto "CAMIÑO DO MONTE". Guiados por ela, o alumnado de cada curso realizou o roteiro didáctico “A senda dos sentidos” para coñecer a flora e a fauna da contorna do noso centro.

  Ao longo do percorrido, descubrimos flora diversa: sabugueiros, loureiros, carballos,  xilbarbeiras, nogueiras, pradairos, castiñeiros, pau de espiño, mentraste, fiúncho, pampullos…
O alumnado botou man de prismáticos, lupas e cámara fotográfica para non perder detalle do que ía vendo.
Eva falounos dos animais que hai na zona. Vimos bolboretas, saltóns, merlos, pegas, pardais…; escoitamos cantar paxaros, atopamos pegadas e tamén unha tobeira.
Na carballeira estivemos moi atentos por se viamos algunha vacaloura pois parece ser que nesta época  poden verse. Mágoa que non tivemos sorte.

Agradececemos á ANPA a súa colaboración nesta actividade pero sobre todo…

MOITÍSIMAS GRAZAS A EVA DEZA por compartir connosco os seus coñecementos.

Enlace fotos 1º e 2º

Enlace fotos 3º e 4º

Enlace fotos 5º e 6º