O día a día

CLASE DE 2º

O martes, 10 de outubro, o alumnado de 2º curso disfrutou dunha experiencia marabillosa, grazas á colaboración de Guillermo o pai de Sandro, que nos trouxo á clase unha incubadora artificial de ovos de galiña.

Todos estivemos moi atentos ás explicacións que nos ía relatando, como que os ovos de galiña non valían todos, tiñan que estar galeados e que era moi difícil saber se o estaban ou non, logo contounos que as galiñas cando incubaban os seus ovos collían unha especie de febre que lle facía subir a temperatura, a cal é necesaria para sacar adiante os ovos.

Falounos da incubación artificial cunha máquina que trouxo á nosa aula e alí ollamos que a máquina de incubar funciona con enerxía eléctrica e ten un calefactor que lle dá unha temperatura constante de 38º un movemento continuo para arrolar e ventilar os ovos, tamén ten un depósito de auga para manter un ambiente húmido.

A incubación díxonos que dura 21 días.

Os  nenos e nenas estiveron a xogar e acariñando os pequenos pitiños nunha clase das que non se esquecen.

Outra vez grazas por facernos pasar uns momentos inesquecibles.

XORNADA DE BÁDMINTON

        O día 19 de outubro de 2017 organizamos no cole unha xornada adicada ao bádminton, un deporte rápido e vertixinoso que cada día ten máis practicantes e seguidores.

       Juan Manuel Vila (adestrador do club de bádminton Rachaplumas de Vigo), foi a persoa encargada de impartir as diferentes sesións en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

       Durante a primeira parte de ditas sesións, Juan Manuel deunos unhas pequenas nocións teóricas deste deporte, recordando as orixes, regras e fundamentos básicos do mesmo.

       Como aspectos relevantes podemos destacar, por exemplo, que o bádminton introduciuse en España dende Vigo, que a pluma ou volante pode alcanzar velocidades superiores aos 400 Km/h (nun partido profesional) e que no noso país temos unha campioa olímpica e mundial como é Carolina Marín.

       Na segunda parte das sesións, as nenas e nenos realizaron xogos e actividades nas que puxeron en práctica as súas habilidades coa raqueta.

      Por último, queremos agradecer a Juan Manuel Vila a súa presenza no noso cole, xa que nos fixo pasar unha xornada moi divertida practicando un deporte do que el é un gran coñecedor. MOITAS GRAZAS!!!

(Clicando en cada unha das fotos pódese ver unha mostra do ben que o pasamos)

 Máis imaxes na nosa GALERÍA DE FOTOS

 

CAMIÑO DO MONTE

 

Eva Deza, técnico en Educación Ambiental, ofreceunos a posibilidade de levar a cabo o seu proxecto "CAMIÑO DO MONTE". Guiados por ela, o alumnado de cada curso realizou o roteiro didáctico “A senda dos sentidos” para coñecer a flora e a fauna da contorna do noso centro.

  Ao longo do percorrido, descubrimos flora diversa: sabugueiros, loureiros, carballos,  xilbarbeiras, nogueiras, pradairos, castiñeiros, pau de espiño, mentraste, fiúncho, pampullos…
O alumnado botou man de prismáticos, lupas e cámara fotográfica para non perder detalle do que ía vendo.
Eva falounos dos animais que hai na zona. Vimos bolboretas, saltóns, merlos, pegas, pardais…; escoitamos cantar paxaros, atopamos pegadas e tamén unha tobeira.
Na carballeira estivemos moi atentos por se viamos algunha vacaloura pois parece ser que nesta época  poden verse. Mágoa que non tivemos sorte.

Agradececemos á ANPA a súa colaboración nesta actividade pero sobre todo…

MOITÍSIMAS GRAZAS A EVA DEZA por compartir connosco os seus coñecementos.

Enlace fotos 1º e 2º

Enlace fotos 3º e 4º

Enlace fotos 5º e 6º

 
Distribuir contido