O martes, 10 de outubro, o alumnado de 2º curso disfrutou dunha experiencia marabillosa, grazas á colaboración de Guillermo o pai de Sandro, que nos trouxo á clase unha incubadora artificial de ovos de galiña. | |
Todos estivemos moi atentos ás explicacións que nos ía relatando, como que os ovos de galiña non valían todos, tiñan que estar galeados e que era moi difícil saber se o estaban ou non, logo contounos que as galiñas cando incubaban os seus ovos collían unha especie de febre que lle facía subir a temperatura, a cal é necesaria para sacar adiante os ovos. Falounos da incubación artificial cunha máquina que trouxo á nosa aula e alí ollamos que a máquina de incubar funciona con enerxía eléctrica e ten un calefactor que lle dá unha temperatura constante de 38º un movemento continuo para arrolar e ventilar os ovos, tamén ten un depósito de auga para manter un ambiente húmido. A incubación díxonos que dura 21 días. |
|
Os nenos e nenas estiveron a xogar e acariñando os pequenos pitiños nunha clase das que non se esquecen. Outra vez grazas por facernos pasar uns momentos inesquecibles. |