O día a día
EDUCACIÓN VIARIA
Hai moitas cousas que facemos por rutina e non nos paramos a pensar.
|
|
Despois de traballar na aula sobre as partes e elementos da rúa e para que sirve cada un, saímos para observar. Íamos preparados! Con rotuladores para marcar nun plano cales eran os puntos perigosos e os seguros para cru zar ou mesmo circular polas beirarrúas. |
|
Constatamos que a entorna do colexio é bastante perigosa pois á entrada os coches non están organizados, as beirarrúas son moi estreitas… Case todo eran puntos vermellos! Por fin... chegando ao Centro Cívico puidemos sinalar un punto verde. |
|
As explicacións da policía foron moi interesantes, recalcounos: antes de cruzar a vía, aínda sendo paso de peóns e con semáforos, hai que mirar a dereita e a esquerda, pois o vehículo vai moito máis rápido que nós (as persoas 1 m/s). |
|
Foi unha breve saída pero moi aproveitada. Poñamos todos da nosa parte para que haxa menos accidentes de peóns. CAMIÑEMOS SEGUROS POLA NOSA CIDADE!!!! |
COCIÑA CON CIENCIA
Como ben din os do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) "saber comer tamén ten a súa ciencia". Un grupo de expertos viñeron ao colexio para ensinarnos como comprar, almacenar e manipular os alimentos correctamente e así evitar enfermidades, por non ter unha boa hixiene ou non saber onde debemos gardar algúns alimentos. Cun experimento científico comprobamos a importancia da limpeza nun lugar tan delicado como é a cociña. Cada un de nós, nun recipiente que dividimos en dúas metades, colocamos nunha parte os dedos sen lavar e na outra os dedos lavados. Pasados uns días estamos observando que nestas "placas de cultivo" que así se chaman os recipientes hai millóns de microorganismos na parte "sucia"; deste modo aprendemos que aínda que non vexamos a sucidade existe e só con lavar as mans antes de tocar alimentos podemos evitar coller enfermidades algunhas tan frecuentes como a gastroenterite. Ademais de interesante o obradoiro foi moi saboroso xa que fomos verdadeiros "chefs"!!! Preparamos unha riquísima receita do coñecido cociñeiro Pepe Solla: "Pudín de mazá, kiwi, iogur e rúcula". Mmmm Mmmmm!!!!! No colexio aprendemos de toooooodooooo para ser uns adultos sans e autóoooonomos!!! Aquí vos deixamos unha peli para que nos vexades como auténticos cociñeiros!!!
Grazas aos do CSIC por achegarnos unha maneira de aprender tan rica e especial!!!!!!! VOLVEDE, PORFA, VOLVEDE con máis experimentos que nunca esqueceremos!!! |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »