O día a día

COCIÑA CON CLAN

O venres pasado despedimos a semana cun obradoiro moi saboroso e saudable!!!
Distribuímosnos en dúas quendas os pequenos de 1º, 2º e 3º na primeira e os maoires de 4º, 5º e 6º na segunda. Participamos nunha charla sobre a mellor alimentación para nós.

Carlota e Mireia, monitoras da Fundación “Patrimonio Comunal Olivarero”, nos contaban a importancia de levar unha alimentación nutritiva e equilibrada ao tempo que comentaban imaxes  e vídeos sobre a pirámide da alimentación saudable.

Despois da charla baixamos ao comedor, tamén en dúas tandas, e elaboramos unha ensalada moi variada e especial con forma de árbore; así descubrimos o divertido que é cociñar e o ricos que están algúns alimentos que non nos podiamos imaxinar ou que antes case odiabamos! De feito, os pequenos saímos do comedor berrando: “queremos máis, queremos máis!!!!”  Tamén nos ensinaron de onde proceden moitos dos alimentos que temos no noso frigorífico.
    
 
    
Agradecemos á Fundación “Patrimonio Comunal Olivarero” a súa oferta ao noso centro para a realización desta actividade. Esperamos repetila o curso que vén, se non é exactamente igual, claro!!!!

Madriñas e padriños lectores

   Un curso máis participamos na estupenda actividade de " Madriñas e Padriños Lectores" na EEI Monte da Guía. Este ano o alumnado de 4º xunto coa súa profe Eva foron os encargados de levala a cabo.

Escollemos con  mimo e esmero os contos que lles iamos ler aos nosos compañeiros pequerrechos.

Practicamos a lectura na clase durante varios días e algúns de nós, os que nos atrevemos cos máis difíciles, tamén o fixemos na casa porque...

"A cousa tiña que sair... PERFECTA!!!"

Así que, ensaiamos unha e outra vez, escenificando e esaxerando todo o que podiamos para que as historias resultaran amenas.

Nos contos de risa tiñamos que facer algunha que outra pallasada, nos de medo intentabamos meter algún sustiño poñendo voces graves e roncas... e nos de poesía procuramos ler coa cadencia propia deste xénero para que os cativos repetiran os vocablos finais connosco.

A cambio do noso esforzo recibimos dos peques todo o seu entusiasmo e atención ademais duns bonitos marcapáxinas e uns lapis especiais, xigantes e flexibles cos que as profes ás veces nin nos deixan escribir! :(

Pero... que supón para nós?

Para nós... ir ao "cole de arriba", aínda que sexa por un curto anaco de tempo, énchenos de ledicia e morriña ao recordar esa bonita etapa da nosa andaina na que comezamos o marabilloso e inesgotable camiño da aprendizaxe!!!! :))

XADREZ

Hai un xogo que algúns tiñamos algo esquecido e outros non o coñeciamos:

é O XADREZ.

A profe Ánxela estanos ensinando como se colocan as pezas, cal é o valor de cada unha delas, como se moven, como se xoga, algún que outro truco...

De momento explicáronnolo aos maiores de 5º e 6º pero pouco a pouco irase estendendo a outros cursos.

Ultimamente cando chove gústanos practicar este xogo na biblioteca. 

 

Este xogo din que axuda a:

  • Mellorar o razoamento lóxico.
  • Desenvolver as habilidades de observación, reflexión, análise e síntese.
  • Desenvolver habilidades e hábitos necesarios na toma de decisións.
  • Mellorar nos estudos, particularmente nas matemáticas.
  • Aumentar a disciplina.
  • Mellorar a capacidade de anticipación.
  • Aumentar a velocidade de pensamento.

 

 

Varios países de Europa téñeno no currículo de primaria, en España estase empezando nalgúns centros se os profesores o consideran.

 

O que si é verdade é que a nós fainos pensar, pasámolo entretido, mesmo algúns seguimos coas partidas no recreo.

A VER CANDO NOS SIGUEN ENSINANDO MÁIS COUSAS  deste xogo tan antigo e que nos chegou a través dos árabes.

É algo distinto e moi interesante!!!

 

Distribuir contido