Premios Faro da Escola

Os premios Faro de escola do Faro de Vigo foron este pasado mércores día 29. O alumnado de 2º de primaria participamos en “Faro da escola” por primeira vez, aportando unha forma única de facer un periódico.

Un obxectivo: falar de nós. Crear as nosas novas porque nós somos unha nova. Novas por como traballamos na aula, usando metodoloxías activas. Novas polos elementos que usamos: dispositivos multitáctiles, creación audiovisual, robótica… Novas por como nos sentimos, lendo e aprendendo sobre sentimentos e meditación.

Unha forma de plasmalo: Crear un periódico diferente. E iso foi o que fixemos, crear unha forma de ler o xornal que saia do habitual. Por iso fixemos uso da Realidade Aumentada.

Un xeito de rematar:  Os premios Faro da escola. Alí recollemos dous premios:
Á mellor infografía co traballo sobre a alimentación, o deporte e o sono das familias dos tigres e gallifantes.
E un accésit ao periódico máis innovador.

Foi toda unha ledicia para nós poder recoller estes premios, contando que ademais eramos os máis pequenos de todo o alumnado participante. Por iso, estamos moi ledos, por construír un xornal que nos define, pero tamén por todo o traballo que fixemos.

Parabéns Tigres e Gallifantes!