Unha profe nova

Dende a  Concellería de Xuventude do Concello de Vigo estase a levar a cabo un programa de apoio e reforzo educativo asistido por cans en centros de educación infantil e primaria, tivemos sorte e tocounos a nós, os de 2º curso. Neste programa intervén un profesional especializado en Intervencións asistidas por cans, sendo José L. Pellitero o seu  coordinador.

                 

Por iso...

O día 25 de marzo o alumnado de 2º curso recibiu a visita dunha profesora moi especial.

Era … a cadela TRUFA, de raza Goldien Retriever de catro anos de idade.

Ela ensinounos como hai que estar e comportarse na clase: tranquilos, pedir a quenda de palabra, movernos en silencio, coidar o material e sobre todo ter moita CALMA.

                   

Era sorprendente como Trufa obedecía ao adestrador, estando queda na cadeira do mestre, paseando polas mesas e relaxándose con todos nós.

Pero, o máis alucinante foi escoitala cantar seguindo o ritmo da harmónica.

                 

Ao final tivemos unha sorpresa máis …

SENDA” unha irmá de Trufa que tan só tiña dous meses e aínda está aprendendo a comportarse.

 

Desexamos que pronto volvan para que nos ensinen co seu bo exemplo.

QUE BONITAS TRUFA E SENDA!!!