RECICLAXE

Neste mes de marzo no colexio traballamos a importancia que ten a reciclaxe para coidar e conservar o noso planeta en bo estado.
Coa axuda dunha charla promovida por SOGAMA e un obradoiro que o concello de Vigo achegou ao noso centro os escolares de Santa Tegra aprendemos que separando correctamente os envases estes pódense reciclar, mentres que se mesturamos os residuos botaremos a perder o esforzo que moitas persoas realizan diariamente.

Aquí vos deixamos un recordatorio para que ninguén dubide que envases debemos depositar en cada colector:

Colector XENÉRICO, tamén de cor verde: Utilizaremos este colector para depositar nel todos aqueles residuos que non poden ir en ningún dos outros colectores, como pode ser roupa ou calzado vello, residuos orgánicos, xoguetes …

Punto Limpo: Son aqueles lugares habilitados para depositar residuos especiais como pode ser un televisor ou unha lavadora.

Colector AZUL: Envases de papel e cartón que se poidan reciclar como as caixas das galletas ou de zapatos ademais de periódicos e revistas.

Colectores para pilas: Como o seu nome indica son para pilas xa que estas son moi contaminantes e deben ir no seu propio colector.
Colector AMARELO: Botellas e envases de plástico, latas e briks: bolsas de aperitivos, envases de iogures, de zumes, xeles de baño …
Recorda: Non botar obxectos que non sexan envases.
  IGLÚ VERDE: Só botellas, frascos e tarros de vidro, como frascos de colonia, tarros de marmelada ou botellas de viño …
Recorda: Temos que botar os envases sen tapas nin tapóns.