Blog de 5º
Da Barraca á aula: obradoiro de títeres
Enviado por cova o Sáb, 02/12/2023 - 21:14A asociación Barriga Verde: Morreu o demo está a desenvolver un proxecto chamado Da Barraca á aula, co que pretenden achegar os títeres aos centros de ensino. No Brea xa levamos participando no porxecto varios cursos e este ano, quinto e sexto imos participar nun obradoiro de construción de títeres con cartón pedra. Comezamos venres e xa se empezan a ver cabezas de personaxes que seguro que terán boas historias que contar.
Saída a Santiago: This is Pop
Enviado por cova o Xov, 30/11/2023 - 23:35Pola tarde visitamos a exposición This is Pop, na sala A Fundación, da obra social de Abanca. Primeiro descubrimos as principais características do Pop Art e despois participamos nun obradoiro de programación coa placa microbit, para entender como se crean algunhas das montaxes de pop art máis modernas.
Saída a Santiago: xantar
Enviado por cova o Xov, 30/11/2023 - 23:19Ao rematar a visita na Xunta a chuvia parou un pouquiño e puidemos baixar a andar ata Área Central, onde comemos e descansamos.
Saída a Santiago: a Xunta de Galicia
Enviado por cova o Xov, 30/11/2023 - 23:12A nosa segunda parada foi a Xunta de Galicia, sede do poder executivo. Alí visitamos entre outras dependencias as salas de xuntanza dos/as secretarios xerais das Consellerías e a sala de xuntas do Consello de Goberno, onde nos explicaron as funcións das diferentes Consellerías.
Saída a Santiago: o Parlamento de Galicia
Enviado por cova o Xov, 30/11/2023 - 23:05Este mércores fixemos unha saída a Santiago de Compostela, onde visitamos dúas institucións e un museo. Comezamos coa visita ao Parlamento de Galicia, onde descubrimos cales son as súas funcións, quen son os seus membros e cales son as dependencias e a historia do edificio no que se atopa.
5º colector
Enviado por cova o Sáb, 25/11/2023 - 17:59Imos ter un 5º colector de lixo en Rianxo. Un colector para lixo orgánico co que se fará compost. Onte tivemos unha charla organizada polo concello, para explicarnos como se vai organizar o uso dese 5º colector, que será de cor marrón, e tamén para falarnos dos composteiros comunitarios que van botar a andar no noso municipio. A charla foi moi interesante e fixemos un montón de preguntas.
25 N
Enviado por cova o Sáb, 25/11/2023 - 17:51O venres conmemoramos no colexio o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Despois de diferentes actividades ao longo da semana, xuntámonos tod@s na biblioteca para escoitar a canción gravada por un grupo de nais, ler un manifesto e compoñer entre todas as clases un mural contra o silencio e a prol dos dereitos e o respecto ás mulleres.
Non á violencia contra as mulleres!
Sistema Solar
Enviado por cova o Xov, 23/11/2023 - 15:52Rematamos os traballos sobre os planetas e fixemos as presentacións para o resto dos compañeiros/as. Foi un bo traballo de investigación e posta en común.
Obradoiro sobre acoso nas redes sociais
Enviado por cova o Xov, 23/11/2023 - 15:21Este martes os alumnos e alumnas de 5º e 6º participamos nun obradoiro sobre acoso nas redes sociais, organizado polo Concello de Rianxo. Por medio de xogos, debate entre nós e algúns vídeos, démonos conta de que hai que ter moita precaución para non caer en situacións de acoso nas redes. Foi moi interesante.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »
![RSS - Blog de 5º Distribuir contido](/centros/cepbreasegade/misc/feed.png)