try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Santiago de Compostela

Nas cubertas da catedral

Rematamos o día visitando as cubertas da catedral de Santiago de Compostela. Encantounos!

No teatro e na Alameda

Chegou o momento de ir ao teatro, no Auditorio Abanca. Estaba cheo, coincidimos con outros coles que tamén traballaran a obras nas clases e coma nós coñecían a historia, as cancións, os diálogos principais... E ao rematar fomos a andar ata a Alameda, onde xantamos descansamos e xogamos nun parque impresionante. 

Excursión a Santiago

Este luns estivemos en Santiago. Fomos ver unha obra de teatro en inglés, Trouble in the jungle, representada pola compañía Face to Face. Aproveitamos para pasar o día por Compostela e facer varias visitas. Comezamos o día visitando cunha guía as prazas que rodean a catedral. 

Saída a Santiago: This is Pop

Pola tarde visitamos a exposición This is Pop, na sala A Fundación, da obra social de Abanca. Primeiro descubrimos as principais características do Pop Art e despois participamos nun obradoiro de programación coa placa microbit, para entender como se crean algunhas das montaxes de pop art máis modernas. 

 

Saída a Santiago: xantar

Ao rematar a visita na Xunta a chuvia parou un pouquiño e puidemos baixar a andar ata Área Central, onde comemos e descansamos. 

Saída a Santiago: a Xunta de Galicia

A nosa segunda parada foi a Xunta de Galicia, sede do poder executivo. Alí  visitamos entre outras dependencias as salas de xuntanza dos/as secretarios xerais das Consellerías e a sala de xuntas do Consello de Goberno, onde nos explicaron as funcións das diferentes Consellerías. 

Saída a Santiago: o Parlamento de Galicia

Este mércores fixemos unha saída a Santiago de Compostela, onde visitamos dúas institucións e un museo. Comezamos coa visita ao Parlamento de Galicia, onde descubrimos cales son as súas funcións, quen son os seus membros e cales son as dependencias e a historia do edificio no que se atopa. 

                                                                                           

Distribuir contido