Blog de 5º

Máis invertebrados

Seguimos aprendendo sobre os invertebrados coas exposicións das presentacións que elaboramos antes de Entroido. Aínda quedan algunhas por compartir. 

Mochilas Viaxeiras

As Mochilas Viaxeiras marcharon pasar o Entroido nas casas de Breixo e Carlota. 

Venres de Entroido

Aquí están os hip hopers de 5º!

 Este venres houbo moita música, moita festa e moitas larpeiradas no cole. 

Comezamos cun obradoiro de instrumentos musicais:

Hip Hop

Este Entroido todo o cole disfrazouse de estilos musicais e a clase de Quinto fomos de Hip Hop. Estivemos escoitando temas de hip hop, coñecendo grupos, revisando a estética dos hip hopeiros para preparar os nosos disfraces e elaborando algún accesorio.  Deixamos case todo listo o xoves, aínda que a volta do Entroido remataremos un proxecto de Hip Hop que temos a medias. Seguiremos informando...

Invertebrados en pixama e con pelos tolos

Toribio deixouno claro, e unha vez no cole tiñamos traballo que facer... en pixama. 

Continuamos coas presentacións dos invertebrados, que seguen a ser estupendas, ben elaboradas e ben presentadas. 

Con sombreiro

E así foi! En 5º e en todo o cole houbo unha chea de gorros divertidos. Risa

Nas cubertas da catedral

Rematamos o día visitando as cubertas da catedral de Santiago de Compostela. Encantounos!

No teatro e na Alameda

Chegou o momento de ir ao teatro, no Auditorio Abanca. Estaba cheo, coincidimos con outros coles que tamén traballaran a obras nas clases e coma nós coñecían a historia, as cancións, os diálogos principais... E ao rematar fomos a andar ata a Alameda, onde xantamos descansamos e xogamos nun parque impresionante. 

Excursión a Santiago

Este luns estivemos en Santiago. Fomos ver unha obra de teatro en inglés, Trouble in the jungle, representada pola compañía Face to Face. Aproveitamos para pasar o día por Compostela e facer varias visitas. Comezamos o día visitando cunha guía as prazas que rodean a catedral. 

Distribuir contido