try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

ciencia

Saída a Coruña

Este mércores estivemos de excursión na Coruña. Fomos visitar A Casa dos Peixes, ao Domus e a Casa das Ciencias. Foiche un día ben completo!Sorriso. Pasámolo moi ben e aprendemos un montón de cousas, interactuando cos recursos dos museos científicos de A Coruña. Quedamos con ganas de volver!

Invertebrados en pixama e con pelos tolos

Toribio deixouno claro, e unha vez no cole tiñamos traballo que facer... en pixama. 

Continuamos coas presentacións dos invertebrados, que seguen a ser estupendas, ben elaboradas e ben presentadas. 

Ourizos de mar

Estamos investigando sobre invertebrados e Xoana tróuxonos un ourizo de mar, para que puideramos ver "en vivo" como son e as súas principais características. Grazas, Xoana!

Temos balor!

Si, temos balor con B, ou mofo, nós non, o noso iogur-experimento. O terceiro día comezou a saír un pouquiño de balor e o cuarto día xa apareceu cheíño del. Imos continuar observando, tomando anotacións e chegando a conclusións. Deixámolos ao seu aire, no cole durante a finde. A ver que nos atopamos luns!

Máis ca leña

Outro dos proxectos nos que participamos este curso é Máis ca leña. É un proxecto no que o cole colabora coa Comunidade de Montes O Fieitoso de Taragoña e co colectivo veciñal Fousas ao Monte. Búscase dar a coñecer outros usos do noso monte, máis alá de plantar árbores de crecemento rápido e cortar leña.  En 5º e 6º traballamos sobre eses usos sostibles do monte e preparámonos para presentalos en visitas guiadas a área didáctica que temos en Campo Maneiro.

Experimentando cos fungos

Comezamos a traballar co método científico, experimentando con fungos. Temos na clase dous iogures naturais caducados, un con tapa e outro sen ela. Imos observar o proceso e o tempo que pasa ata que aparezan fungos nos iogures. Elaboramos as nosas hipóteses,  iremos realizando anotacións e sacaremos conclusións. Seguiremos informando...

 

                                                                                           

Distribuir contido