Máis ca leña

Outro dos proxectos nos que participamos este curso é Máis ca leña. É un proxecto no que o cole colabora coa Comunidade de Montes O Fieitoso de Taragoña e co colectivo veciñal Fousas ao Monte. Búscase dar a coñecer outros usos do noso monte, máis alá de plantar árbores de crecemento rápido e cortar leña.  En 5º e 6º traballamos sobre eses usos sostibles do monte e preparámonos para presentalos en visitas guiadas a área didáctica que temos en Campo Maneiro. Xa comezamos a descubrir canto podemos aprender con só mirar ao noso monte.