try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

quinto

O acordeón de Roi

A segunda sorpresa e agasallo do venres déunolo Roi Fernández, que trouxo o seu acordeón a clase. Foi sorpresa saber que tocaba o acordeón e que levaba xa uns anos aprendendo e tocando. O agasallo foi escoitalo falar sobre o instrumento e sobre como está aprendendo a tocalo e, sobre todo, escoitalo tocar as pezas que preparou para nós. Ata bailamos un valse! Risa

Os lapis de Ibai

Este venres tivemos unha mañá de sorpresas e agasallos. A primeira foi a volta de Ibai, despois de dous días por Madrid. Contounos o que estiveron vendo e facendo neses días e deunos o agasallo que trouxo para todos os da clase: lapis do Madrid! Sorpresaza!

Moitas grazas, Ibai e familia!

 

Temos balor!

Si, temos balor con B, ou mofo, nós non, o noso iogur-experimento. O terceiro día comezou a saír un pouquiño de balor e o cuarto día xa apareceu cheíño del. Imos continuar observando, tomando anotacións e chegando a conclusións. Deixámolos ao seu aire, no cole durante a finde. A ver que nos atopamos luns!

Mil cousas poden pasar

Mil cousas poden pasar, de Jacobo Fernández Serrano, é o primeiro libro do noso itinerario lector para este curso. Vai ser unha lectura compartida coa que, ademais de gozar da historia, tamén faremos traballo de Lingua Galega, de Plástica, de Sociais e de Naturais.

Sintaxe

Seguimos coñecendo proxectos que desenvolveremos este curso. Este xoves abrimos unha nasa e... descubrimos Sintaxe, un método de aprendizaxe da gramática, creado polo profesor Emilio Neira Abuín, co que traballaremos este curso. A primeira sesión xa nos deixou con ganas de máis!

Edixgal

Hoxe traballamos cos ordenadores e entramos por primeira vez nas nosas contas de Edixgal! Xa había ganas! 

Houbo que ir amodo con usuarios e contrasinais e levou un tempo, pero conseguímolo. Xa somos unha aula Edixgal!Sorriso Agora, a seguir para adiante!

Os nosos xogos

Na clase temos un recuncho de xogos. Hoxe comezamos a descubrir cales hai...

                                                                                           

Distribuir contido