O venres chegou unha nova nasa de Sintaxe a clase! Tamén veu a que xa coñeciamos, a das clases gramaticais, pero desta vez para centrarnos no verbo e no pronome. A segunda nasa é a da conxugación verbal e iso foi o que comezamos a facer...conxugar verbos en presente. Seguimos avanzando!
Seguimos traballando con Sintaxe, aproveitando para relacionar a gramática cos textos que lemos na aula. Esta semana foi, como non, Rosalía e o seu poema Miña casiña, meu lar. Poesía e gramática tamén van da man ;-)
Continuamos traballando a gramática en galego co método Sintaxe. Seguimos repasando e asegurando o que xa sabiamos sobrea as clases gramaticais e descubrindo novos recursos do método, como a páxina web, que nos gusta moito .
Seguimos coñecendo proxectos que desenvolveremos este curso. Este xoves abrimos unha nasa e... descubrimos Sintaxe, un método de aprendizaxe da gramática, creado polo profesor Emilio Neira Abuín, co que traballaremos este curso. A primeira sesión xa nos deixou con ganas de máis!
Comentarios recentes
hace 5 días 10 horas
hace 5 días 10 horas
hace 22 semanas 2 días
hace 22 semanas 2 días
hace 22 semanas 2 días
hace 22 semanas 2 días
hace 22 semanas 2 días
hace 22 semanas 2 días
hace 22 semanas 2 días
hace 22 semanas 2 días