Temos balor!
Enviado por cova o Ven, 20/10/2023 - 19:51
Si, temos balor con B, ou mofo, nós non, o noso iogur-experimento. O terceiro día comezou a saír un pouquiño de balor e o cuarto día xa apareceu cheíño del. Imos continuar observando, tomando anotacións e chegando a conclusións. Deixámolos ao seu aire, no cole durante a finde. A ver que nos atopamos luns!